Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 4 de febrero de 2018 | Leída 25 veces

O Concello instalará nos cascos urbanos colectores para a recollida de roupa, téxtiles e calzado

Co obxectivo de mellorar o servizo e implantar un novo sistema máis cómodo para a cidadanía. Nunha primeira fase colocaranse tres na Laracha, dous en Paiosaco e un en Caión. Non se poderán depositar nestes colectores obxectos como xoguetes...

O Concello da Laracha porá a disposición da veciñanza colectores para a recollida selectiva de roupa, téxtiles e calzado que serán implantados en diferentes localizacións estratéxicas dos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión.

 

Actualmente este servizo vense prestando en edificios de titularidade municipal. Cos novos equipamentos, que estarán dispoñibles nos próximos días, ofrecerase á cidadanía un sistema máis próximo, cómodo e sen horarios para desprenderse dese tipo de materiais –que non poden ser depositados nos colectores de residuos xenéricos- e facilitar a súa reciclaxe.

 

Para un óptimo funcionamento do servizo, o material –roupa de vestir, de cama, calzado ou calquera téxtil, quedando excluídos xoguetes e outros obxectos- que sexa depositado nos novos colectores, deberá ir introducido en bolsas de plástico.

 

Nunha primeira fase serán instalados tres colectores no casco urbano da Laracha (rúa Arxentina, Avenida Fisterra xunto ao edificio de usos administrativos e rúa Rosalía de Castro fronte ao complexo da piscina municipal da Laracha), dous Paiosaco (no campo da feira e na rúa Porta Santa, xunto ao centro sociocultural) e un en Caión (A Ínsua).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress