Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de febrero de 2018 | Leída 11 veces

Avanzan as obras de ampliación e mellora da calzada entre Vista Alegre á Estrada AC-523

Na parroquia de Soandres. As actuacións están valoradas en máis de 92.000 euros e son financiadas pola Consellería de Medio Rural. O tramo afectado alcanza unha distancia de 1.080 metros e pasará a ter unha anchura mínima de seis metros e máxima de oito...

[Img #44526]No Concello da Laracha continúa desenvolvéndose o proxecto de ampliación e mellora da estrada municipal que comunica o lugar de Vista Alegre, na parroquia de Soandres, coa AC-523.

 

As obras son financiadas integramente pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e están valoradas en máis de 92.000 euros. Afectan a un tramo de 1.080 metros de lonxitude que actualmente presentan unha anchura media de catro metros. O proxecto consiste na ampliación da plataforma da calzada para alcanzar unha anchura mínima de seis e máxima de oito metros ao longo de toda esa distancia, polo que en certos tramos a amplitude será o dobre que a actual. A continuación será renovado o pavimento e completaranse os traballos coa correspondente sinalización.

 

Os traballos previstos, que está a executar o grupo Tragsa, avanzan a bo ritmo de actuación e céntranse nestes momentos na fase de desmonte do terreo para permitir o sobreancho da calzada.

 

Aínda que o proxecto afecta a unha zona rural e beneficiará prioritariamente aos veciños residentes nos núcleos de poboación próximos, esta obra tamén forma parte do plan de mellora das estradas locais que comunican a vila de Paiosaco coa AC-523, a vía comarcal que ofrece un acceso alternativo cara a terceira rolda da Coruña e o aeroporto de Alvedro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress