Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de febrero de 2018 | Leída 18 veces

O Goberno galego dá luz verde á creación do Consello Asesor da Paisaxe co fin de avanzar na consolidación dunha nova cultura ambiental en Galicia

Rueda sinala que este organismo nace para fomentar a colaboración entre as Administracións públicas con competencias en materia de paisaxe. Indica que a entidade contará con representantes das institucións e expertos e axentes sociais que se encargarán de facer propostas de estudo, servir de foro para poñer en común as novidades e exercer como órgano asesor e consultivo...

[Img #44524]

 

O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, afirmou que o Consello da Xunta deu onte luz verde á creación do Consello Asesor da Paisaxe, para avanzar no cumprimento dun dos obxectivos da lexislatura: consolidar unha nova cultura ambiental, que nos faga ser máis conscientes da nosa riqueza natural e contribúa a minimizar o impacto do cambio climático.

 

Como lembrou Rueda, a creación dun Consello Asesor da Paisaxe xa estaba contemplada na Estratexia da Paisaxe Galega 2017-2020 co fin de fomentar a colaboración entre as Administracións públicas con competencias en materia de territorio, para que desenvolvan políticas comúns e coordinadas.

 

Segundo detallou Alfonso Rueda, este novo organismo contará con representantes das institucións e expertos e axentes sociais. Entre as súas funcións principais estarán: realizar propostas de estudo, servir de foro para poñer en común as novidades do sector e exercer como órgano asesor e consultivo.

 

A composición e as competencias do Consello Asesor da Paisaxe

Neste Consello integraranse tanto as Administracións implicadas en políticas da paisaxe como expertos e axentes sociais que poidan transmitir a percepción da paisaxe no tecido social. Así, estarán representadas: a administración autonómica, a local, o Consello da Cultura Galega, as asociacións que teñan entre os seus fins a protección da paisaxe, as organizacións sindicais, as organizacións empresariais intersectoriais máis representativas; as universidades galegas; e os especialistas en paisaxe.

 

Entre as competencias do organismo que nace hoxe están: presentar propostas de estudo, de actuacións e de melloras en materia de paisaxe para elevar ao organismo competente; servir de foro para a posta en común das últimas iniciativas sectoriais e de investigación de ámbito estatal, europeo e internacional; exercer de órgano asesor e consultivo para analizar calquera política que poida ter un impacto sobre a paisaxe; prestar apoio na programación das políticas comúns en materia de paisaxe en Galicia; e analizar propostas concretas de actuación e regulación normativa que se lle eleven.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress