Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de febrero de 2018 | Leída 20 veces
Deputación da Coruña

Roi Casal inicia este sábado no Teatro Colón a xira “Son Galego, Son Cubano 2018”

Desde a súa estrea na Habana chega á Coruña por vez primeira despois de ser visto ao vivo por máis de 60.000 persoas…

[Img #44517]

 

Este sábado 3 de febreiro, Roi Casal comezará a xira Son Galego, Son cubano 2018 cun concerto no Teatro Colón da Coruña, promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña.  

 

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galiza e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos.

 

Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos os dous paises, que foi visto en directo por máis de 60.000 persoas dende o seu estreo en Cuba.

 

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

 

En declaracións de Roi Casal “A Coruña é un dos lugares destacados cando se fala da emigración galega a Cuba. Os emigrantes que saían deste porto podían ollar, xa dende o mar, a bandeira da capitanía da Coruña, moi semellante á que pouco despois se estreou en Cuba. Tamén dende a Habana se puxo en marcha o que hoxe é a Real Academia Galega, e dende alá se sufragaron os custes da sede na Coruña durante case 30 anos. Todo isto foi recollido por Neira Vilas, o autor das letras deste espectáculo, que levaremos o sábado á Coruña por primeira vez dende o seu estreo en Cuba.”

 

A xira deste ano visitará países coma Suíza, Brasil, EEUU ou Canadá entre outros. Todas as datas están dispoñibles na web oficial songalegosoncubano.com O concerto está promovido pola área de Cultura da Deputación provincial da Coruña.

 

Dará comezo ás 20:00h do sábado 3 de febreiro no teatro Colón. As entradas pódense reservar na seguinte ligazón ou na billeteira do teatro: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/teatro-colon/8268--son-galego-son-cubano.html

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress