Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de febrero de 2018 | Leída 44 veces
Deputación da Coruña

“Os nenos da vella” presentan na Coruña o seu videoclip “Quero xogar”

A canción foi a gañadora do “Quero Cantar” da Deputación da Coruña na categoría infantil...

[Img #44512]

 

A banda “Os nenos da vella”, da Coruña, presenta este venres ás 18.30 h. no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, o  videoclip “Quero xogar”, canción gañadora da segunda edición do concurso “Quero Cantar”, da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, intervirá no acto de presentación en que o grupo cantará tamén ao vivo a canción.

 

"Os nenos da vella", alzouse co galardón na categoría infantil da segunda edición do concurso Quero Cantar da Deputación da Coruña,  na que participaron grupos de nenos e nenas de ata doce anos, coa interpretación do tema "Quero xogar", unha peza orixinal composta por Noa, Mikel e Yune, coa axuda do seu mestre, Javi.

 

A banda é una formación coruñesa formada Noa (voz e percusión), Mikel (caixón e coros) e Yune (baixo e coros), e cuxo nome provén do lugar onde xogan e cantan a diario, pois a totalidade dos integrantes proceden do casco vello da cidade herculina.

 

Así, a formación complétase co mestre de música, Javi, co que se reúnen dende hai dous anos no local da Asociación Cidade Vella, para ensaiar as súas cancións e practicar con diferentes instrumentos musicais. No tema gañador, convidan a nenos e nenas a xogar e deixar de destinar o seu tempo de ocio ás redes sociais e ás novas tecnoloxías.

 

Convocatoria

  • Tema: Presentación do videoclip “Quero xogar” do grupo “Os nenos da Vella” da Coruña.
  • Día: Venres, 2 de febreiro
  • Hora: 18:30 horas
  • Lugar: Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, A Coruña
  • Participan: “Os nenos da Vella” e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress