Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de febrero de 2018 | Leída 13 veces

A Xunta activa as axudas para facilitar o inicio da actividade a máis de 4.000 autónomos e a contratación en 190 empresas

O Goberno galego acaba de publicar no DOG os apoios para impulsar o emprego autónomo e para contratar de forma indefinida ao primeiro, segundo e terceiro traballador nos que investirá 16 millóns de euros. Financiarase con 2000 euros o establecemento como autónomo, duplicándose esta contía ata os 4000 euros para os menores de 30 anos e, como novidade, tamén para os parados de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social...

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar as convocatorias de dous programas dirixidos a autónomos: axudas por valor de 14,6 millóns para impulsar o inicio da actividade, coas que se prevé beneficiar a 4.100 autónomos; e as destinadas a favorecer a contratación indefinida de traballadores en 190 empresas de autónomos, para as que se dedican 1,35 millóns. En total, a Xunta inviste nestas dúas iniciativas 16 millóns de euros.

 

Os incentivos para a promoción do emprego autónomo teñen por obxectivo facilitar e axilizar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais. O prazo de solicitude xa está aberto e rematará o próximo 1 de outubro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará a cada autónomo con 2000 euros, unha cantidade que se duplicará ata os 4000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Estas contías, segundo sexa o caso, incrementaranse nun 25% para as mulleres, emigrantes retornados, maiores de 45 anos ou no caso de que a empresa estea emprazada no rural. Deste xeito, as axudas neste programa oscilarán entre os 2000 e 8000 euros.

 

Financiaranse tamén as altas na Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional que se formalicen entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive.

 

O segundo dos programas está destinado a apoiar a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador en empresas de traballadores por conta propia. O prazo de solicitude tamén está xa aberto e rematará dependendo da data de contratación, segundo se especifica nas bases da convocatoria do DOG. Para a primeira contratación, concederanse axudas de 3000 euros, cando se trate dunha persoa sen emprego, que aumentará ata os 5000 euros para parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. No caso do segundo e terceiro traballador, a contía será de 5000 euros para os desempregados en xeral, que se incrementará ata os 7000 euros para os mesmos colectivos -parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social-.

 

En todos os casos, e, ao igual que no primeiro dos programas, as axudas aumentarán nun 25% para as mulleres, emigrantes retornados, maiores de 45 anos e no caso de que a compañía estea ubicada nun concello do rural. Deste xeito, os apoios oscilarán entre os 3000 e 14.000 euros.

 

A principal novidade dos dous programas é o establecemento dunha maior contía nas axudas tanto para os parados de longa duración como para as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

 

En xeral, son axudas para impulsar o autoemprego en Galicia e apoiar a súa consolidación propiciando a creación de empresas e, polo tanto, mellorando a economía e reducindo as cifras de desemprego. Esta actuación enmárcase na Estratexia Autónomo 2020, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar e consolidar o traballo por conta propia de 10.000 autónomos ao ano, orientándoo ás novas necesidades do mercado de traballo, como é a Industria 4.0.

 

Esta planificación conta en 2018, ao igual que en 2017, con 40 millóns de euros para seguir poñendo en marcha as axudas que se impulsaron por primeira vez este ano, como foron o Bono Autónomo ou a axuda que permite ampliar en 16 semanas a bonificación do Estado para a contratación do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade.

 

Este ano, ademais, sumaranse novos programas para fomentar o relevo xeracional e para facilitar unha segunda oportunidade co fin de apoiar aos autónomos no inicio dunha nova actividade ou reemprender. O obxectivo final é que Galicia siga sendo unha terra de oportunidades e o mellor lugar para emprender.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress