Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de febrero de 2018 | Leída 33 veces

A Xunta activa hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web do 112. A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web do 112...

[Img #44509]A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará hoxe, 1 de febreiro, e que afectará ao litoral das provincias da Coruña (noroeste e oeste) e de Lugo.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da tarde de hoxe, agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros. No litoral suroeste da Coruña e da provincia de Pontevedra estará activa a alerta amarela.

 

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Alerta amarela por neve

Ademais, a partir de mañá tamén estará activa a alerta amarela por acumulación de neve na montaña de Lugo e de Ourense. Espéranse acumulacións de máis de 5 centímetros a partir dos 700 metros en Lugo e dos 1.000 metros en Ourense.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress