Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de febrero de 2018 | Leída 22 veces

Feijóo abre vías de colaboración co sector da automoción en Israel, punteiro en innovación tecnolóxica a nivel mundial

O presidente da Xunta tivo ocasión de coñecer de primeira man a traxectoria de Mobileye, dos proxectos nos que traballa actualmente e dos seus retos de futuro. Resalta a colaboración do CTAG co grupo PSA no coche autónomo, e lembra que a primeira viaxe dun coche destas características que se realizou en España saíu da factoría de Balaídos, en Vigo. Invita os representantes da compañía a visitar Galicia e coñecer o sector galego da automoción e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia...

[Img #44508]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comezou onte pola mañá o segundo día da súa viaxe a Israel visitando as instalacións de Mobileye, unha empresa tecnolóxica punteira que lidera o sector da automoción no país, onde presentou os avances de Galicia no eido da condución autónoma e abriu vías de colaboración co sector da automoción en Irsael, punteiro en innovación tecnolóxica a nivel mundial.

 

Xunto ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o director xeral do CTAG, Luis Moreno Diéguez, e da delegada do Estado da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, Feijóo tivo ocasión de coñecer a traxectoria desta multinacional, dos proxectos nos que traballa actualmente e dos seus retos de futuro; así como mostrar a aposta que Galicia está facendo polo vehículo autónomo e por innovar na industria da automoción, co compromiso do Goberno e das principais empresas e centros de coñecemento.

 

Nesta liña, Feijóo subliñou a colaboración do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia co grupo PSA no coche autónomo, lembrando que a primeira viaxe dun coche destas características que se realizou en España saíu da factoría de Balaídos, en Vigo. “O que acredita que a innovación en Galicia no sector da automoción vai un paso por diante doutras comunidades e que queremos seguir consolidando”, abundou.

 

Así mesmo, destacou o esforzo da Xunta que, como Goberno autonómico, está centrado en reproducir esta tendencia en todos os sectores, referíndose, como exemplo, á posta en marcha do Plan Innova que mobilizará ata 2020 preto de 1.800 millóns de euros.

 

Feijóo resaltou, ademais, que Galicia é líder na produción de vehículos comerciais en España –o segundo produtor europeo, despois de Alemaña-; de que 10 de cada 100 vehículos fabricados en España o son en Galicia; e de que os modelos de automóbiles que se comercializan no mundo polas marcas máis importantes utilizan compoñentes fabricados na Comunidade.

 

O presidente da Xunta fixo fincapé na oportunidade que supón esta xuntanza con Mobileye para coñecer de primeira man a tecnoloxía máis avanzada neste sector, e para invitar os representantes da compañía a visitar o sector galego da automoción e o CTAG, co obxectivo de avaliar posibles vías de colaboración en I+D. Non en van, Mobileye conta co laboratorio máis avanzado en tecnoloxía para o coche autónomo e a seguridade do condutor e o cidadán.

 

Mobileye é, na actualidade, líder mundial no desenvolvemento de visión artificial e aprendizaxe automático, análise de datos, localización e mapeo, base dos sistemas avanzados de condución asistida. Unha tecnoloxía que mantén os pasaxeiros máis seguros na estrada e que corrixe o factor humano como causa de accidentes de tráfico, reducindo así, os riscos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress