Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de febrero de 2018 | Leída 16 veces
Deputación da Coruña

I Premio Luísa Villalta

Dez proxectos culturais pola igualdade reciben o I Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña…

[Img #44499]

 

Dez proxectos de cultura encamiñados a promover a igualdade reciben o apoio da Deputación da Coruña a través da nova convocatoria do I Premio Luísa Villalta pola Igualdade. Representantes das dez iniciativas recolleron onte o recoñecemento da man da vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín e a deputada de Servizos Sociais, Educación e Igualdade, Ánxela Franco.

 

“Para nós, esta liña de traballo é un eixo fundamental do goberno da Deputación da Coruña, contribuír a apoiar a visibilidade das mulleres e os proxectos que fan posíbel unha sociedade máis libre e igualitaria”, dixo Goretti Sanmartín no inicio do acto en que se entregaron os diplomas acreditativos do I Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade a representantes dos dez proxectos gañadores.

 

A deputada, Ánxela Franco, destacou a “transversalidade igualdade, que actúan en todas as áreas e no territorio, incluíndo a perspectiva de xénero en todos os ámbitos da acción de goberno”. Destacou, neste sentido que por vez primeira desde a Deputación da Coruña se creou a primeira copa de deporte feminino e a cuestión da igualdade está presente no regulamento ou nas iniciativas de emprego. “Non abonda só que sexa boa música senón que acompañe á letra e, neste sentido, dotamos o premio de orzamento económico para que os proxectos poidan ser realidade”, defendeu Ánxela Franco. 

 

A responsábel da área de Igualdade lembrou a coincidencia da data co 198 aniversario do nacemento de Concepción Arenal e lamentou que, “tanto tempo despois teñamos que continuar a reclamar algo tan xusto como a igualdade”.

 

Antes de pasar a entregar os diplomas ás persoas que foron recoñecidas co I Premio Luísa Villalta, Goretti Sanmartín defendeu a vontade de contribuír a “crear un imaxinario diferente das mulleres e os homes, para o que a cultura é unha ferramenta de especial interese, creando novos referentes”. Explicou que o nacemento da liña responde ao coñecemento da existencia de moitos proxectos que se dirixen a concienciar a fomentar a igualdade que precisaban apoio para o seu desenvolvemento. “Para moitas iniciativas que buscan tirar a luz mulleres anónimas, recuperar a súa memoria ou visibilizar proxectos con perspectiva de xénero existe unha lousa de invisibilización que, con esta iniciativa, queremos axudar a levantar”, sinalou Goretti Sanmartín que destacou a presenza do soporte audiovisual en varios dos proxectos como ferramenta para a creación do novo discurso de igualdade.

 

Goretti Sanmartín anunciou a vontade de continuidade do premio e explicou que o nome de Luísa Villalta responde á “vontade de axudar a difundir a obra e a personalidade da escritora e música que estivo tan comprometida coa nosa cultura e as reivindicacións das mulleres”.

 

O xurado que seleccionou os dez proxectos do Luísa Villalta estivo composto pola xornalista e escritora, Ana Romaní, a directora de teatro Cristina Domínguez e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo ademais das deputadas de Cultura e Igualdade, Goretti Sanmartín Rei e Ánxela Franco, coa xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria. A convocatoria destinou a premios un orzamento total de 174.000 €.

 

Con variedade de propostas, algunha con formatos moi innovadores, as iniciativas escollidas inclúe desde proxectos audiovisuais, documentais e ficcionais, a realización dun festival de creadoras, a difusión do traballo das pioneiras en distintos ámbitos ou a recuperación da participación das mulleres no mundo do traballo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress