Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de febrero de 2018 | Leída 20 veces

Carballo Trail Race 2018

Comunicamos ós participantes na Carballo Trail Race 2018 aspectos importantes en canto ás normas a seguir durante a proba e outros servizos inherentes á mesma…

[Img #44498]

 

A autorización outorgada polo organismo competente ó Concello de Carballo para a celebración da mesma estipula que o organizador debe comunicar ós participantes a obrigatoriedade de cumprir o seguinte condicionado:

  • Os participantes na proba deportiva circularán por vías ou camiños existentes co fin de non invadir nin afectar á vexetación adxacente.
  • Ao longo de todo o percorrido non poderá atravesarse o leito de regos, ríos ou regatos, nin invadir ou afectar vexetación asociada ao ámbito fluvial, con fin de eviatr afeccións aos leitos, á biodiversidade ou ás condicións naturais das augas.
  • Evitarase a producción de ruidos innecesarios que alteren atranquilidade habitual das especie de fauna na zona.
  • Dado que existen tramos do percorrido incluídos na Rede Natura 2000, e co fin de evitar posible afeccións sobre hábitats nautrais de interese comunitario, os participantes na proba deportiva circularán exclusivamente por viarios de libre tránsito, non podendo en ningún caso circular campo a través.(Zona de praia).

 

Comunicamos así mesmo un número de contacto de dirección de carreira ós efectos de comunicar calquera percance que poida ocorrerlle a un deportista e para o cal precise asistencia, de non atoparse esta accesible no punto do incidente, que figurará nos dorsais: 616 971 345 .

 

Lembramos a necesidade de extremar as precaucións e normas xerais de tráfico para peóns por canto "Artigo8.2.- O percorrido, incluída a parte que discurre por carreteras e rúas de poboacións non estarán pechados ó resto de usuarios das vías, debendo cumprir os participantes as normas xerais de tráfico para peóns e/ou as indicacións da organización."

 

Pese a que se contará con persoal para advertir e sinalizar, destácase que aproximadamente nos seguintes puntos Km cruzaránse transversalmente estradas asfaltadas, debendo extremar a precaución:

 

1. KM 4,6 (coincidente con avituallamento 1)

2. KM 11,2

3. KM15,9 (coincidente con avituallamento 3)

 

A oficiña de carreira e recollida de dorsais (Sábado ou Domingo dende as 7:30 ate as 8:20 horas) está situada na META na Rúa Vila de Noia en Carballo. Os participantes serán desprazados ate a saída en autobús que sairá ás 8:30 horas, dispoñendo os deportistas de trail curto e primeiro tramo de relevos de duchas na meta do trail curto, e voltando en autobús á oficiña de carreira.

 

Lembramos:

Recollida de dorsais. Piscina Vila de Noia, sita na rúa vila de Noia o día de celebración da proba dende as 7:30 horas.

 

Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas

  • Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia ate o punto de saída e/ou relevo no caso de parellas.
  • Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos seus medios á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola organización ó remate da proba.
  • Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia.
  • Utilizaranse vestiarios en ambas metas, para o cal se deberá depositar a roupa na bolsas da cor correspondente a cada percorrido (10K ou 30K) e que se devolverán nas respectivas metas.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress