Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 31 de enero de 2018 | Leída 10 veces

O Concello da Laracha adherirase á nova planta de compostaxe de SOGAMA

O alcalde, José Manuel López Varela, e o presidente da entidade, Javier Domínguez Lino, reuníronse onte para tratar esta cuestión. O Concello implantará un quinto colector de recollida selectiva, neste caso marrón para depositar a materia orgánica. Está previsto investir 16.000 euros na adquisición de 150 recipientes que serán instalados nos cascos urbanos e na urbanización Monte Claro...

[Img #44488]

 

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, mantiveron onte na Alcaldía unha reunión co presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), Javier Domínguez Lino, para tratar a adhesión do Concello ao programa específico de promoción da reciclaxe a través da planta de compostaxe polo sistema Forsu (fracción orgánica dos residuos urbanos) que a citada entidade vén de construír en Areosa, no próximo municipio de Cerceda, no marco do Plan estatal Marco de Xestión de Residuos 2016-2020.

 

O funcionamento do tratamento Forsu require da separación previa da materia orgánica nos fogares particulares e, por tanto, da implantación por parte da administración local dun quinto colector de recollida selectiva. Unha vez se faga efectiva a súa adhesión ao programa, o Concello da Laracha destinará preto de 16.000 euros á adquisición de 150 recipientes de 360 litros de capacidade e que terán unha cor marrón característica. Nunha primeira fase está previsto instalados nos tres cascos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e tamén na urbanización Monte Claro, a zona residencial de maior entidade da parroquia de Cabovilaño

 

O residuo Forsu non pode conter máis de un quince por cento de impropios (plástico, papel, vidro, téxtiles, etc.) para poder ser procesado debidamente na instalación de compostaxe. Por ese motivo os novos colectores estarán equipados cunha pechadura automática e para poder ser empregados requirirán dunha chave que será cedida de xeito gratuíto a todas as persoas que desexen sumarse a esta iniciativa.

 

Coa adhesión á nova planta de compostaxe de SOGAMA o Concello da Laracha dará un paso máis no seu compromiso de respectar ao medio ambiente a través da promoción da reciclaxe, tomando medidas para facilitar a separación dos residuos sólidos urbanos, o correcto transporte e o seu posterior tratamento nas instalacións especializadas.

 

A cooperación cidadá e a implicación da veciñanza será fundamental para cumprir cos propósitos desta iniciativa. Por iso, unha vez este confirmada a adhesión ao convenio, SOGAMA realizará, coa colaboración do Concello, unha ampla campaña de información e sensibilización sobre os beneficios medioambientais que implicará sumarse ao novo sistema de recollida dos residuos orgánicos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress