Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 28 de enero de 2018 | Leída 20 veces

O programa municipal de entroido inclúe diversas actividades para todos os públicos, especialmente para nenos

Concurso de disfraces, baile da piñata, verbena, contacontos, teatro e obradoiros infantís. No certame do martes de Entroido repartiranse preto de 3.000 euros en premios. Esa data foi establecida como festivo local no Concello da Laracha...

[Img #44443]

 

O Concello da Laracha presenta o programa municipal de actividades que organiza con motivo da celebración das Festas do Entroido e que se desenvolverá do domingo 11 ao mércores 14 de febreiro. As propostas van dirixidas a todos os públicos, sendo os nenos os principais protagonistas dos eventos do domingo, luns e mércores, e o público en xeral o encargado de amenizar o tradicional concurso de disfraces do martes de Entroido, data establecida como festivo local no Concello da Laracha.

 

Así, o domingo 11 de febreiro, tal e como é costume neste programa, celebrarase no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís o evento coñecido como o Baile da piñata. A xornada, que comezará ás 18:00 horas, estará amenizada pola Orquestra Israel e, ademais dos inchables e dos xogos que se levarán a cabo durante toda a xornada, repartiranse larpeiradas a todos os rapaces que acudan disfrazados e haberá sorpresas como a visita de Mickey Mouse e de Chase, a personaxe de La Patrulla Canina.

 

Aproveitando as xornadas festivas nos centros de ensino, o Concello da Laracha organizará unha serie de actividades nos días laborables para ofrecer actividades educativas e de ocio aos rapaces ao mesmo tempo que se facilita a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais.

 

O luns a partir das 12:00 horas a biblioteca municipal da Laracha acollerá o contacontos de Caxoto “Contos para vestirse de Entroido”, con entrada libre e gratuíta.

 

O mércores realizarase o obradoiro infantil “Para sentir co Entroido” en dúas quendas que se desenvolverán no edificio de servizos múltiples da Laracha. A primeira, de 11:00 a 12:00 horas, dirixida ao alumnado de educación infantil. A segunda, de 12:30 a 13:30 horas, para nenos de educación primaria. En ambos casos requírese inscrición previa, que é gratuíta, no Concello.

 

Tamén o mércores, pero neste caso pola tarde, a partir das 17:30 horas, ofrécese a obra de teatro infantil “Canta connosco”, de Migallas Teatro. Será na Casa da Cultura da Laracha, con entrada libre e gratuíta.

 

O evento central do programa de Entroido celebrarase o Martes 13 (festivo local na Laracha) e será o tradicional concurso de disfraces, un certame dirixido a todos os públicos no que este ano se repartirán preto de 3.000 euros en premios. Terá lugar na Praza do Concello a partir das 18:30 horas, no descanso da verbena que principiará ás 17:00 e que estará amenizada pola Orquestra Trébol.

 

As categorías de premios establecidas son as seguintes

  • Individual infantil (ata 12 anos).
  • Individual adulto (a partir de 13 anos).
  • Parellas infantil (ata 12 anos).
  • Parellas adulto (a partir de13 anos).
  • Grupos (de 3 a 8 compoñentes).
  • Comparsas (máis de oito compoñentes)

 

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 50 e 40 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros.

 

Nas comparsas haberá dúas modalidades de premios diferentes, que serán a posta en escena e o deseño da vestimenta. En ambos casos a dotación económica ascenderá a 250, 200 e 150 euros. A mesma comparsa poderá obter premios nas dúas modalidades. Ademais, ata un máximo de dez comparsas non premiadas poderán acceder a un premio de 75 euros polo feito de participar, a excepción de que o xurado determine que non reúne as condicións mínimas de calidade.

 

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido deben comunicalo previamente no Concello da Laracha, ben chamando ao 981 605 001 desde o próximo luns e ata o día 12 de febreiro ou ben presentándose o propio día do evento na Casa do Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress