Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de enero de 2018 | Leída 28 veces

O Goberno galego duplica a oferta de emprego público para 2018 coa convocatoria nos vindeiros meses de 1.919 prazas

Feijóo destaca que, con esta convocatoria, duplicarase a oferta de emprego público con respecto á do ano anterior con prazas para 30 especialidades diferentes. Especifica que haberá prazas para 1.050 profesores de ensino secundario; 160 profesores técnicos de FP; 30 profesores de Escolas Oficiais de idiomas; 574 mestres; e 105 catedráticos de música e artes escénicas...

[Img #44433]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou onte que o Goberno galego duplicará con respecto ao ano anterior a oferta de emprego público para 2018 coa convocatoria, nos vindeiros meses, de 1.919 prazas en 30 especialidades diferentes, algo que permitirá consolidar Galicia como a comunidade coa mellor taxa de interinidade de España.

 

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que as prazas repartiranse do seguinte xeito: 1.050 profesores de ensino secundario, o dobre que o ano pasado; 160 profesores técnicos de FP, duplicando tamén a cifra de 2017; 30 profesores de Escolas Oficiais de idiomas, que o ano pasado non se convocaran; 574 mestres; e 105 catedráticos de música e artes escénicas para os conservatorios superiores.

 

Así mesmo, precisou que as oposicións arrancarán antes de que remate o curso escolar e teñen que estar finalizadas antes de que empece o seguinte curso.

 

Segundo o máximo responsable do Goberno galego, o obxectivo da lexislatura é baixar a taxa de interinidade no entorno do 5-7%, a metade da que existe na actualidade (13%) e, polo tanto, Galicia seguirá sendo a comunidade autónoma con menos interinos na educación e, por tanto, con máis estabilidade neste ámbito.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress