Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de enero de 2018 | Leída 25 veces

Feijóo destaca que ao longo desta lexislatura 310.000 galegos disporán de 20 novos centros de saúde públicos

Precisa que o plan estará dotado con 55,6 millóns de euros e que dos 20 centros, a metade están xa en marcha ou en fase de licitación...

[Img #44432]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte na rolda de prensa do Consello o plan de investimento que se levará a cabo ao longo desta lexislatura para mellorar os servizos de atención primaria. Un plan que, dotado con 55,6 millóns de euros, permitirá que 310.000 galegos dispoñan a finais de 2020 de 20 novas infraestruturas sanitarias: 18 totalmente novas; e 2 ampliacións e melloras nos concellos da Illa de Arousa e A Laracha.

 

Máis polo miúdo, Feijóo precisou que dos 20 centros, a metade están xa en marcha ou en fase de licitación. Así, na actualidade a Axencia Galega de Infraestruturas xa está a traballar na construción dos novos centros de saúde de Ares e Gondomar, cun investimento conxunto de 4 millóns de euros.

 

Así mesmo, e cun investimento de 18 millóns de euros, xa se coñece tamén o proxecto construtivo das seguintes infraestruturas: novo centro de saúde e PAC do Milladoiro (Ames); ampliación do PAC da Laracha; novo centro de saúde da Estrada; ampliación e reforma do centro de saúde da Illa de Arousa; Salceda de Caselas; Pereiro de Aguiar; Paderne de Allariz; e Narón, que inclúe un PAC.

 

Por outra banda, os centros de saúde de Melide, O Saviñao, Pazos de Borbén e o Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia de Lugo –que integra tamén a atención á saúde mental, a base do 061 e un PAC-, atópanse nunha fase previa de tramitación, en concreto na redacción dos seus proxectos.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta confirmou que o Sergas está a traballar ademais na redacción dos plans funcionais especiais dos novos centros de saúde de Poio, Bouzas (Vigo) e o Centro integral de saúde de Lalín; nos estudos de necesidades sanitarias da poboación dos concellos de Cangas e Moaña; e no plan funcional especial do centro de saúde de Santa Lucía, na Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress