Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de enero de 2018 | Leída 30 veces

O pleno aproba delegar na Xunta de Galicia os procesos selectivos para a contratación de policías locais

Na sesión ordinaria celebrada onte, que estivo presidida por José Ramón Martínez Barbeito. O Concello ten previsto crear en 2018 dúas prazas de Policías Locais e contratar tres auxiliares de Policía Local durante seis meses. O Pleno tamén aprobou unha moción de apoio á figura da prisión permanente revisable...

[Img #44423]O Pleno do Concello da Laracha celebrou onte a sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro. Foi presidida por José Ramón Martínez Barbeito ao non poder asistir o alcalde, José Manuel López Varela, por atoparse en Rusia participando no proxecto europeo Empredurismo Social: Innovación & Desarrollo xunto aos edís Jesús Souto e Rocío López, que tamén escusaron a súa ausencia, como o concelleiro do grupo socialista Juan Caamaño.

 

Tal e como é habitual nos Plenos ordinarios, a sesión comezou gardando un minuto de silencio en sinal de recordo ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Xa no desenvolvemento dos puntos da orde do día, a cuestión de maior relevancia foi a aprobación –coa única abstención do grupo dos nacionalistas- do convenio de colaboración que permitirá delegar na Xunta de Galicia a convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías de corpos da Policía Local. Para este ano 2018 a medida afectaría soamente á creación das dúas prazas de Policía Local como funcionarios de carreira previstas nos orzamentos xerais municipais. Tal e como explicou José Ramón Martínez Barbeito, por cuestións de prazos a selección dos auxiliares de Policía Local –que se contratarán por un período de seis meses- será realizada polo Concello da Laracha seguindo o procedemento habitual de anteriores exercicios.

 

Por unanimidade aprobouse a modificación do acordo alcanzado no Pleno do pasado 19 de decembro sobre o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ 2018) co obxecto de corrixir un erro material detectado.

 

Na sesión tamén se deu conta das 82 resolucións de Alcaldía aprobadas desde o último Pleno, así como do informe do período medio de pagamento a provedores no cuarto trimestre de 2017, que reflicte que o abono das facturas se realizou reducindo os prazos con respecto ao trimestre anterior e adiantándose ao período establecido polo Ministerio de Hacienda y Función Pública na Lei de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera.

 

Por último, salientar a aprobación dunha moción promovida polo grupo de goberno –Partido Popular- na que se propón que o Concello da Laracha mostre o seu apoio á figura da prisión permanente revisable. A iniciativa foi rexeitada polos tres grupos da oposición –socialista, nacionalista e mixto-.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress