Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de enero de 2018 | Leída 11 veces

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo maña no litoral da provincia da Coruña

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org. A partir de hoxe se activará a alerta amarela por neve nas provincias de Lugo e Ourense...

[Img #44421]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao noroeste e oeste da provincia da Coruña.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da tarde de hoxe esperase mar combinada do noroeste, con ondas entre 5 e 6 metros. No resto do litoral a partir desta tarde esperase alerta amarela con mar combinada do noroeste.

 

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Alerta amarela por neve

Ademais, a partir de hoxe, activarase tamén a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense. Esperase acumulación de 5 cm en torno a 800 metros de altitude e superiores a 15 cm a partires dos 1.000 metros


Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao noroeste e oeste da provincia da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress