Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de enero de 2018 | Leída 105 veces

Programa europeo Rusia

Continuando co programa do proxecto europeo Empredurismo social: Innovación & Desarrollo que se está a desenvolver en Rusia baixo o liderazgo do Concello da Laracha, e despois dos actos celebrados durante a xornada de onte en Moscú, hoxe as delegacións participantes reuníronse na localidade de Vladimir (que dá nome tanto á cidade como á rexión)...

[Img #44413]

 

Durante a mañá mantiveron un encontro na sede do goberno rexional de Vladimir co Vicegobernador -Kolcov Mihail- e coa responsable de Xuventude da rexión. A continuación realizouse unha visita guiada polos Monumentos Blancos de Vladimir, catalogados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

 

Xa pola tarde os actos desenvolvéronse na Universidade de Vladimir, onde a comitiva foi recibida pola directiva encabezada polo Reitor e o Vicereitor, que expuxeron as actividades, proxectos, programas e iniciativas de intercambio que promoven ao longo do ano. A continuación, e aínda nas instalacións da propia Universidade, cada socio participante fixo unha presentación da actividade e características dos municipios, entidades e asociacións aos que representan.

 

Na xornada de hoxe xoves está programado un desprazamento ata a cercana localidade de Súzdal para manter encontros cos seus responsables políticos, así como con outros membros do goberno da rexión de Vladimir.

 

[Img #44414]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress