Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de enero de 2018 | Leída 78 veces

O entroido vén de camiño no CEIP de Galán

O mércores, 24 de xaneiro, deron comezo as actividades de preparación do Entroido deste ano no CEIP de Galán, en Oseiro...

[Img #44411]Este día os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria tiveron a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando a diversión a toda a veciñanza.

 

Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.

 

A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un coloquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe, reminiscencia dos antigos cobradores medievais de impostos.

 

Quizais o que máis chamou a atención ao alumnado foi a carauta de madeira, e principalmente a mitra, decorada tradicionalmente coa cara dun animal salvaxe e ameazante, neste caso un lobo.

 

O percorrido do felo entre a rapazada que pasou por algunha das catro sesións celebradas ao longo da mañá no Salón de Usos , tamén provocou os aplausos e as risas e algún que outro pequeno susto entre os máis pequenos.

 

Estas actividades complementáronse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar na páxina web do centro.

 

Con esta actividade dáse inicio á programación do Entroido no CEIP de Galán que pasará polos xa tradicionais mandadiños durante a semana do 5 ao 8 de febreiro, a confección de máscaras e disfraces, a exposición de carautas de felos nos corredores do centro  e o Desfile de Entroido do día 9 de febreiro con todo o alumnado por Oseiro, caracterizado baixo a denominación de “Patrimonio Cultural Galego”.

Todo un reto para a imaxinación!.

 

[Img #44412]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress