LARACHA. A Asociación Cultural y Deportiva Peña Royal de Caión, en colaboración co Concello da Laracha e a Federación Galega de Natación, organizan para o sábado, día 28 de agosto, a VI Travesía a Nado “Vila de Caión”...
A competición, que se rexerá polo regulamento e as normas da Federación Española de Natación, principiará ás 17.00 horas e contará coas seguintes categorías:
A proba da categoría E é valedera para o Circuíto Galego de Augas Abertas. Consistirá nun percorrido de 2.500 metros. Os participantes do resto das categorías deberán cubrir un circuíto de 1.200 metros de distancia.
Os interesados en participar deben enviar os seus datos (nome, dirección, número de DNI e número de licenza e club no caso de estar federados) á dirección de correo electrónico ceferinoraposo@yahoo.es. Tamén poderán apuntarse no propio lugar de celebración da proba ata unha hora antes do inicio da mesma.