Jueves, 26 agosto 2010

Novos cursos de formación ocupacional

Enviar por email

Os novos cursos de formación ocupacional abren o seu prazo de inscrición o 1 de setembro...

O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Arteixo abre o prazo de inscrición nos seus novos cursos de formación, destinados a dotar de novas ferramentas a todos aqueles que estean na procura dun emprego.

Nesta ocasión, os catro cursos ofertados son:

Informática de Usuario, con 40 horas lectivas

Internet, con 20 horas lectivas

Atención e Información ao Cliente, con 200 horas lectivas

Auxiliar de almacén, con 200 horas lectivas

O prazo para solicitar unha vacante nestes cursos ábrese o vindeiro mércores 1 de setembro, e pecha a oferta o venres día 10.

Os interesados poden dirixirse ao CFO (Edificio de Servizos Sociais, rúa Ría de Noia 2), ou ben contactar co centro nos teléfonos 981.640.572 – 981.640.729

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS