Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 17 de enero de 2018 | Leída 195 veces
natacion

Grandes resultados para os Master do CNA

O equipo Máster do Club Natación Sarval Arteixo bateu moitos récords esta fin de semana en Pontevedra, no seu Campionato Galego de Inverno...

[Img #44331]

 

Récord de participación con 17 deportistas, de medallas con 25 metais en total, de postos acadados en clasificación con un 11º posto na clasificación conxunta (15º masculina e 8º feminina), de récords galegos, e ata de veteranía con un premio especial para Ramón Folch.

 

En total asistiron 7 nadadores e 10 nadadoras con moita ilusión e ganas de competir, de superarse. Acadaron as súas mellores marcas persoais acadando 22 medallas individuais, 6 ouros, 6 pratas e 10 bronces para os seguintes nadadores/as: Ramón Folch, Enriqueta Iglesias, Carmelo Sanjorge, Javier Mon, Raquel Durán, Jessica Rama, Laura Gerpe, Mª Jesús Méndez, Patricia Antón, Manuel Martín, María Oliveira e Ana Carnota.

 

Un dos obxectivos importantes nestes campionatos galegos sempre son as remudas, nas que se conseguiron tres medallas. O equipo feminino de categoría +120 acadou dúas medallas, ouro na de 4x50 libre e bronce na de 4x50 estilos. O equipo masculino de +200 acadou unha prata na remuda de 4x50 libre.

 

O nadador Ramón Folch, de oitenta anos, acadou dous récords galegos nas probas de 100 libre, e 50 costas, ademáis foi galardoado como o nadador máis veterán do campionato. Ramón é un auténtico deportista, exemplo a seguir por todas as novas xeracións do Club Natación Arteixo. Na súa Barcelona natal nadou e xogou a waterpolo co Club Natación Sabadell, e segue a entrenar e competir con auténtica pasión. 

 

Esta sección está medrando en tódolos sentidos, sobre todo como grupo dentro da estrutura do Club Natación Sarval Arteixo, é unha categoría sen idade nin nivel que a limiten, tan só os pequenos e grandes retos que os propios deportistas vanse marcando. Este Campionato Galego acaba de subir o listón dos seus retos, e seguro que isto non remata aquí.

 

[Img #44332]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress