Miércoles, 25 agosto 2010

Feijóo felicita aos piragüistas galegos

Enviar por email

Destaca que o piragüismo foi a primeira modalidade deportiva introducida no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra; “e actualmente, o centro conta con 40 deportistas desta modalidade e acabamos de introducir unha nova modalidade: o slálom”...

[Img #4841]O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou, esta mañá, aos piragüistas galegos “polos éxitos acadados” no Campionato do Mundo de Piragüismo celebrado en Poznan (Polonia). “Quero felicitar ao equipo nacional polos éxitos que nos tedes dado nos últimos días; e quero, especialmente, felicitar aos galegos da delegación, por facer factible este éxito de toda España desde Galicia. En nome de Galicia e do pobo galego, moitas gracias non só polas medallas, senón polo voso esforzo, polo voso traballo e pola vosa abnegación”, aseverou.

A un ano da apertura da clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres, o responsable do Goberno galego afirmou que este Campionato Mundial é “un guiño ao optimismo” e amosouse convencido de que os piragüistas galegos deixarán “para a Historia do Deporte galego unha década prodixiosa”. “Estou seguro de que están por chegar novos éxitos e estou convencido de que esta década prodixiosa dos piragüistas máis importantes do mundo que está dando Galicia vai continuar”.

Amais de agradecer o esforzo, Feijóo agradeceu, tamén, a forma de gañar dos deportistas galegos, “con humildade, con abnegación e, sobre todo, con orgullo de representar unha bandeira, dentro da bandeira de España, que é a bandeira do piragüismo galego”. “Esta testemuña de facer as cousas, de sacrificarse, de esforzarse merece todo o apoio e todo o recoñecemento de Galicia. Merece que todo a país faga seu o exemplo de que desde Galicia se pode ser os mellores do mundo”.

[Img #4840]Dentro dos recursos dos que dispón a Xunta, Feijóo garantiu o compromiso do Goberno galego a seguir apoiando ao piragüismo. “Xa o fixemos no pasado -o piragüismo foi a primeira modalidade deportiva introducida no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra-; e o seguiremos facendo no presente. Actualmente, o centro conta con 40 deportistas desta modalidade, 24 en réxime interno, e acabamos de introducir unha nova modalidade: o slálom”.

“Vamos a seguir apostando pola mellora integral deste deporte, tanto a práctica deportiva como a mellora constante das instalacións. Por iso, vamos a seguir apostando polo Pontillón de Castro e esperamos que esta instalación de referencia internacional vaia tendo máis interese, albergando destacadas probas deportivas como o Campionato Europeo de 2007”.

Logo de felicitar á Federación española e á Federación galega, Feijóo tivo tamén palabras de recoñecemento “para todas as persoas que son claves no éxito: os entrenadores, os técnicos e o equipo médico; todas as persoas que colaborades, axudades e apoiades para que os nosos piragüistas sexan, hoxe, os mellores do mundo”, concluíu.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS