Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de diciembre de 2017 | Leída 6 veces

A Aula Lúdica municipal ampliará o seu horario durante o Nadal

Funcionará tanto pola mañá como pola tarde. Ademais, neste ano ofrecerase o servizo Madrugadores durante as festas no caso de alcanzarse o mínimo de quince usuarios. O Concello presta esta axuda á conciliación a través do programa Harmoniza...

O Concello da Laracha reforzará durante as festas do Nadal os servizos de axuda á conciliación da vida persoal e laboral que se ofrecen ás familias do municipio con nenos de entre tres e doce anos de idade ao seu cargo. Farase a través do Programa Harmoniza.

 

Deste xeito, desde o 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro –coincidindo coas vacacións nos centros de ensino- a aula lúdica municipal estará aberta en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas) e de tarde (de 16:30 a 20:30 horas). Soamente pechará os festivos e as fins de semana, ademais da tarde do 5 de xaneiro, cando terá lugar a cabalgata dos Reis Magos.

 

Ademais, neste ano por primeira vez proponse a posta en marcha do servizo Madrugadores nas propias instalacións da aula lúdica municipal desde as 7:00 horas. Para poder facelo é preciso alcanzar a cifra mínima de quince nenos inscritos entre as modalidades de con ou sen almorzo.

 

Para ser beneficiarios do Programa Harmoniza é preciso reservar a praza previamente no Centro de Información ás Mulleres, situado no edificio de usos administrativos da Laracha, onde tamén se pode ampliar información ao respecto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress