Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de diciembre de 2017 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

A Deputación destina 7 millóns de euros ao programa de financiamento dos Servizos Sociocomunitarios Municipais

A deputada Ánxela Franco explicou que suporá a contratación de case trescentas profesionais…

[Img #44013]

 

A Deputación da Coruña presentou onte pola mañá o “Programa de Financiamento dos Servizos Sociocomunitarios Municipais 2018”, ao que destinará preto de 7 millóns de euros, ao fin de que os concellos coruñeses poidan contartar persoal técnico para os seus equipos de servizos sociais.

 

A deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, e a xefa da sección de Servizos Sociais, Carolina Buhigas, explicaron as liñas de axuda e as principais variacións dun programa que ten como obxectivo asistir económica, técnica e xuridicamente, aos 82 concellos e corporacións municipais da provincia de menos de 20.000 habitantes.

 

O novo plan de financiamento, do que poderán tamén ser beneficiarios as mancomunidades intermunicipais, as agrupacións e as fusións que constitúan entidades instrumentais dos concellos que exerzan competencias delegadas por estes, contará cun orzamento de 6.921.000 euros para o ano 2018, o que representa un incremento de 2.883.809 euros respecto do exercicio pasado, ao que se destinaron 4.037.275 euros.

 

“Estamos incrementando os orzamentos para que os concellos teñan máis ferramentas e recursos e así poidan facer o seu traballo con maior tranquilidade” afirmou Franco.

 

A deputada subliñou que a suba producida no orzamento representa un “incremento de moita relevancia”, ao tempo que explicou que o novo programa “posibilitará que todos os concellos poidan acceder a un técnico auxiliar administrativo”, co que os e as profesionais dos concellos que se encargan das áreas Sociais poderán centrarse dun xeito específico na súa área.

 

Así, un total de 279 profesionais -157 técnicas e 122 persoas do Servizo Asistencia no Fogar” pasarán a ser retribuídas integramente por medio deste programa e, concellos como A Capela, Cerdido, Dumbría, Frades, Moeche, Monfero e As Somozas, terán a posibilidade de incorporar no seu plantel a persoal técnico de grao medio ou superior se así o estiman oportuno.

 

“A política non pode ser só palabras senon que hai que demostrar sobre o territorio que cremos nuns servizos sociais comunitarios” sinalou.

 

Franco explicou que as variacións que presenta o novo programa respecto ao do ano pasado, “permitirá ofrecer un trato máis igualitario con todos concellos”, ao “diminuiren as diferenzas e uniformar o capítulo económico” destinado ao financiamento do persoal técnico de grao medio e superior dos concellos.

 

Por unha parte, producirase unha normalización salarial nos profesionais incluídos nestas dúas categorías, pasando a percibir unhas retribucións anuais de entre 22.000 e 26.000 euros, e pola outra,  o financiamento do Servizo de Asistencia no Fogar (SAF), que ata o de agora era subvencionado ao través dun “modulo único” de 17.000 euros anuais, trocará por un novo modelo de financiamento “por servizo prestado”, cuxo importe máximo fica establecido nos 12 euros por hora de servizo.

 

Franco explicou que estas variacións darán lugar a unha optimización dos recursos destinados aos Servizos Sociais Municipais e destacou que o SAF “representa un dos servizos máis importantes na nosa comunidade e provincia, por mór das características da pirámide poboacional”.

 

Neste sentido, aseverou que “é preciso que os profesionais dos Servizos Sociais dos concellos teñan unhas concidicón laborais dignas e un salario xusto e axeitado” o seu labor.

 

Pola súa banda, Buhigas indicou que dende o ente provincial se estima que “as bases do programa sairán publicadas no transcurso do mes de decembro”, vaticinando que dende xaneiro, as entidades locais poderán comezar a adherirse o programa e presentar as súas solicitudes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress