Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de diciembre de 2017 | Leída 10 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia a programación da Real Academia Galega

Achega un total de 50.000 € a través dun convenio que asinaron Goretti Sanmartín e Víctor F. Freixanes…

[Img #44012]

 

Publicacións, o estudo arredor das competencias e usos lingüísticos na infancia ou cursos para persoas estranxeiras son algúns dos programas da Real Academia Galega que a Deputación da Coruña apoia a través dun convenio de colaboración que onte asinaron a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

 

“A través do acordo apoiamos o desenvolvemento de actividades de especial relevancia para a promoción da nosa lingua, de maneira singular os cursos para persoas estranxeiras, o que supón un elemento de gran relevancia para a difusión da nosa cultura. Posuírmos persoas embaixadoras entusiastas do galego supón máis un elemento de internacionalización da nosa lingua que, ao mesmo tempo, beneficia o propio país por xerar orgullo do propio”, sinalou Goretti Sanmartín Rei despois da sinatura do convenio. 

 

A Deputación da Coruña achega, a través do convenio, un total de 50.000 € para o financiamento dos cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” ou o estudo sociolingüístico das competencias e usos lingüísticos na infancia. Ademais, no programa de actividades inclúese a edición dixital de “La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán” e outras publicacións.

 

"A Real Academia Galega agradece moi especialmente a colaboración da Deputación da Coruña para o desenvolvemento das súas función e actividades. A colaboración das institucións públicas, neste caso a Deputación Provincial da Coruña, constitúen achegas fundamentais para facer viable e potenciar as actividades dunha corporación histórica, que ten a responsabilidade do mantemento, actualización e modernidade da lingua e da cultura de noso. Recollemos a memoria dos devanceiros para proxectala, renovada e vivificada, nas novas xeracións. Con esta filosofía traballamos", sinalou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress