Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de diciembre de 2017 | Leída 17 veces

As escolas municipais de fútbol sala e a agrupación deportiva un paso máis mantiveron un encontro na Laracha

Disputáronse varios partidos amigables nos que o resultado foi o menos importante. Seguiranse organizando eventos destas características nos próximos meses. Os obxectivos son que os nenos se divirtan practicando deporte e coñezan o labor de Un Paso Máis...

[Img #44011]

 

As escolas municipais de fútbol sala da Laracha e a escola de fútbol da Agrupación Deportivo Un Paso Máis –con sede no concello de Carballo- disputaron unha serie de encontros amigables durante a semana pasada nas instalacións do pavillón polideportivo do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

 

A iniciativa, na que o resultado dos partidos foi o menos importante, tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.

 

Este encontro entre ambas entidades foi o primeiro e terá continuidade nos próximos meses, estando previsto organizar novos partidos amigables tanto en Carballo como na Laracha.

 

Nas escolas municipais de fútbol sala da Laracha participan vinte e oito nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Os adestramentos son os martes e os venres de 16:00 a 17:00 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress