Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de diciembre de 2017 | Leída 11 veces

A Oficina Técnica da Seca propón ampliar a declaración de alerta a toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Na reunión celebrada esta mañá decidiron elevar ao Comité Permanente, que terá lugar esta mesma tarde, a ampliación da alerta aos 19 sistemas da Conca Hidrográfica Galicia-Costa. O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, explica que esta decisión vén determinada polos indicadores dos caudais dos ríos no momento hidrolóxico actual e polas predicións meteorolóxicas para o mes de decembro. Avanza que Augas de Galicia resolveu hoxe a redución do caudal ecolóxico, tras o informe do Concello de Vigo sobre a situación da potabilizadora municipal, que non ten capacidade de potabilizar por debaixo dun nivel do encoro...

[Img #44008]

 

A Oficina Técnica da Seca propuxo onte pola mañá ampliar a declaración de alerta por seca a toda a Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa. Así o avanzou onte o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, quen indicou que esta decisión se trasladará ao Comité Permanente do Consello Reitor de Augas de Galicia e que afecta aos 19 sistemas que integran a Conca Hidrográfica Galicia- Costa.

 

Rodríguez Martínez sinalou que esta decisión adóptase despois de analizar os indicadores dos caudais dos ríos que no momento actual, e despois de dous meses do inicio do novo ciclo hidrolóxico levan un 80% menos do caudal medio esperado para esta época do ano, e pola situación meteorolóxica que se espera para o mes de decembro, xa que as chuvias que se agardan para as xornadas do 10 de decembro non serán determinantes para recuperar a situación de normalidade.

 

O director de Augas aclarou que nos vindeiros días se convocarán a diferentes reunións aos concellos de cada sistema, para avanzar na concreción de medidas que se poden adoptar, ou que xa se están facer, para intentar aumentar a dispoñibilidade dos recursos existentes. Tamén se determinou solicitar a todas as aglomeracións de máis de 20.000 habitantes información sobre os seu plans de emerxencia para a situación de seca, que ten que estar avaliado Auga de Galicia, co fin de “ir por diante da situación actual e tomar medidas que poden se pouco habituais pero son necesarias”.


Redución do caudal

O director de Augas de Galicia trasladou que eonte pola mañá o departamento que dirixe optou por autorizar a redución do caudal ecolóxico do río Oitavén á saída do embalse de Eiras ao 25%, ao máximo que permite a lei; por darse unha situación de gravidade extrema no Concello de Vigo.

 

Roberto Rodríguez recordou que o pasado venres o Concello de Vigo informou por escrito que só ten unha garantía de 25 días para dispoñer de auga potabilizada en condicións óptimas para o consumo; ademais da súa imposibilidade de tomar máis medidas previas á restrición de auga á poboación.

 

Aclarou que esta decisión non obedece a un cambio de criterio por parte do Goberno galego, administración que sempre defendeu que o criterio de usos que establece a normativa, no que o abastecemento á poboación está por enriba de todos; senón á necesidade de dar unha solución ao déficit de funcionamento que presenta a ETAP do Casal, de titularidade municipal, para potabilizar a agua aínda que o embalse estea o 38%.

 

O director de Augas de Galicia precisou que agora mesmo hai un risco de abastecemento á poboación que non vén dedo pola cantidade de auga do encoro, senón que deriva da incapacidade de Vigo que a través da súa potabilizadora non pode tratar esa auga.

 

Esta situación esixe que se adopte a medida máis grave e extrema que se pode adoptar para un río , como é o feito de reducir a un 25% o seu caudal, é dicir, o uso ambiental cede ao abastecemento por unha cuestión moi clara: a ausencia de garantía por parte do concello de poder subministrar auga apta para o consumo a súa poboación. Lamentou que “a día de hoxe ao rescate de garantía de abastecemento de Vigo foron a Xunta e o río Oitavén”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress