Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de diciembre de 2017 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

Goretti Sanmartín visita a zona afectada polo proxecto mineiro nos concellos de Touro e O Pino e reúnese con representantes da veciñanza

Anuncia a presentación dunha moción de rexeitamento no vindeiro pleno…

[Img #44003]A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, visitou a zona e reuniuse con representantes da Plataforma Mina Touro- O Pino Non. Goretti Sanmartín lamentou que o proxecto “supoña un desastre ambiental para xerar fóra valor engadido”

 

Na visita que se desenvolveu na tarde deste luns, 4 de novembro, e que partiu do lugar de Arinteiro, en Loxo, concello de Touro, Goretti Sanmartín lamentou que o proxecto mineiro supoña un “grande prexuízo para as persoas que viven neste territorio, afectando a cincocentas hectáreas de terreos forestais e tamén agrícolas nunha zona que conta coas explotacións gandeiras de maior extensión do país”.  Entre outras cousas, na xuntanza coa veciñanza afectada polo proxecto de reapertura da explotación mineira para a extracción de cobre nos concellos de Touro e o Pino puxéronse en común as conclusións do recente estudo científico do CSIC e as Universidades de Vigo, Santiago e Swansea, que certifica o descenso de poboación do salmón no Ulla durante o tempo que estivo a mina aberta, efecto da alta concentración da cobre na auga. 

 

“O proxecto ten tamén repercusión nos camiños de Santiago, en especial o coñecido como Camiño do Holandés, que ten o trazado polo territorio afectado polo que pode ter efectos perxudiciais no patrimonio e o turismo da comarca”, engadiu.

 

En xuntanza con veciñanza afectada polo proxecto mineiro, Goretti Sanmartín comprobou que o que está a provocar unha maior alarma social é o proxecto de megabalsa de 126 hectáreas que ten previsto almacenar materiais contaminantes. “As persoas que viven na contorna están preocupadas polo impacto non só no medioambiente senón tamén na saúde e con repercusións negativas no ámbito económico”, sinalou a vicepresidenta da Deputación da Coruña.

 

Goretti Sanmartín Rei anunciou que, a través do grupo do BNG, presentará unha moción na Deputación da Coruña para solicitar o rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira para a extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino, presentado pola empresa Cobre San Rafael S. L.

 

O proxecto de minería a ceo aberto prevese que ocupe unha extensión de 689 hectáreas das que só o 30% son terreos afectados pola anterior explotación e afectará a case 500 hectáreas de terreos agrícolas e forestais, base das explotacións agrarias da zona.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress