Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de diciembre de 2017 | Leída 18 veces

A asociación galega de xestores culturais considera a Feira Histórica de Arteixo un exemplo de boas prácticas

A entidade profesional califica de “exemplo inspirador” a organización deste evento…

[Img #44002]

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) acaba de presentar o denominado Banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de “proxectos e exemplos inspiradores” para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural. Dentro de esa lista de cen exemplos de boas prácticas en Galicia aparece a Feira Histórica de Arteixo, dentro da categoría “Eventos” o lado doutras iniciativas culturais como o Arde Lucus, o Festival de Ortigueira ou o Resurrection Fest de Viveiro. A AGPXC señala en sus conclusiones que a Feira Histórica “promove o coñecemento do patrimonio cultural galego (lingua, usos, costumes, oficios, vestimenta…); pon en valor a nosa cultura entre os mais novos e promove economicamente a feira e o comercio local”.

 

Todos os anos, a finales de outubro, Arteixo ofrece a posibilidade de viaxar á época do 1900. Cada edición dedícase a unha temática diferente: o mar, o amor, a emigración, a música… tal como se vivía na época comprendida entre os anos 1900 a 1950.

 

As persoas que acuden á feira, se é vestida de época moito mellor, poden visitar exposicións fotográficas e de obxectos antigos, gozar vendo a carrerira de carrilanas, bailar coa música de orquestras e grupos, participar en xogos populares da época, cear na gran cea baile 1900, entre outras moitas actividades relacionadas según a temática dese ano.

 

O Banco Galego de Boas prácticas en Xestión cultural é o resultado dun proceso de investigación de dous anos no que foron consultadas máis de 400 persoas do sector da xestión cultural en Galicia. Deste proceso saeu a escolla de 100 proxectos iniciais, aínda que o banco está aberto e seguirase completando a través dos criterios cualitativos que avalía: calidade, impacto integral no territorio, sostibilidade ou inclusión de valores transformadores.

 

O resultado é en primeiro lugar un “escaparate” do moito e bo que se fai no país en xestión cultural. Por eso a AGPXC visitará os proxectos a partir do ano que ven para certificalos en persoa e para organizar xornadas de intercambio de coñecementos. O obxectivo é coñecer de preto o saber facer das persoas xestoras que desenvolven iniciativas de tanto éxito. Este punto de encontro pode ser unha ferramenta de artellamento da profesión, que é un dos obxectivos principais desta asociación.

 

Os proxectos culturais foron seleccionados en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida)  exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outros contextos).

 

Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress