Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de diciembre de 2017 | Leída 8 veces

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa de termalismo do Imserso

As instancias poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello da Laracha. A iniciativa ten por finalidade mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores...

O Concello da Laracha, a través do departamento de Servizos Sociais, anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (Imserso). As instancias xa poden tramitarse nas instalación do edificio de usos administrativos da Laracha.

 

A iniciativa ten por finalidade mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores ofrecéndolles, a prezos reducidos, tratamentos termais en balnearios de diferentes comunidades autónomas españolas que contribúan a previr, rehabilitar e recuperar funcións e evitar outros tratamentos máis lesivos.

 

A duración das estancias é de entre dez e doce días en réxime de aloxamento e pensión completa, incluíndo o tratamento termal e as actividades de ocio e tempo libre previamente organizadas.

 

Poden ser beneficiarias deste programa calquera persoa pensionista ou asegurada ou beneficiara da Seguridade Social e que teñan máis de 65 anos de idade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress