Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de diciembre de 2017 | Leída 12 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña leva o mellor de Cineuropa ao Teatro Colón

A Deputación proxectará o vindeiro xoves día 7 de decembro no Teatro Colón da Coruña o filme “A Fábrica da nada”, do director portugués Pedro Pinho, que recentemente vén de ser galardonada como Mellor Película polo Xurado Novo do Festival Cineuropa...

[Img #43997]

 

O cine volta ao Teatro Colóon da Coruña cunha rodaxe na que se expón a loita laboral dunha fábrica desafiuzada ao través dun “musical indómito” que evita achegarse aos matices propios das elexías ou as traxedias, para amosar a resistencia do proletariado.

 

Despois da sesión dedicada ao mellor do Festival Curtocircuito, será nesta ocasión Cineuropa a protagonista da proxección do Colón. “Trátase dunha maneira de establecer sinerxias cos festivais que se apoian desde a área de Cultura da Deputación da Coruña e traer o mellor dos seus programas para ofrecer na pantalla do Teatro Colón, un espazo moi vinculado ao cine na súa historia”, sinalou Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña. Tanto Cineuropa como Curtocircuito recibiron unha importante axuda a través das liñas de apoio a festivais que converten á Deputación da Coruña na institución que máis colabora no desenvolvemento destes eventos  que, segundo Goretti Sanmartín, “contribúen a difundir a nosa cultura, dinamizan o sector e crean novos públicos”.

 

Pinho configurou unha trama na que ao través de “insólitas coreografías” acompaña a loita dunhas persoaxes, que tras ver como perde o valor o seu traballo, serán obrigadas a permanecer nos seus postos sen facer nada, unha coxuntura que provocará que se organizacen para loitar contra a administración e así evitalo traslado da produción a outra localidade.

 

Mesturando os xéneros documental e musical, a nova ficción de Pedro Pinho aborda cunha visión diferente as consecuencias da crise económica, as desigualdades creadas polo capitalismo agresivo ou a explotación da man de obra cualificada, unas problemáticas que poden ser trasladadas dun xeito doado á realidade laboral contemporánea.

 

Cun elenco de actores integrado por José Smith Vargas, Carla Galvão, Njamy Sebastião, Joaquim Bichana, “A Fábrica da nada” é a primeira longametraxe de ficción do director portugués. Unha cinta coa que xa conquistou o Giraldillo de Oro á Mellor Película no Festival de Cine de Sevilla ou o FRIPRESCI da Crítica Internacional do Festival de Cannes.

 

A ficha técnica da película complétana co equipo de guionistas composto por  Tiago Hespanha, Leonor Noivo e Luisa Homem; o fotógrafo, Vasco Viana e os responsables da música, José Smith Vargas e Pedro Rodrigues.

 

Pedro Pinho, unha traxectoria pragada de premios

Pedro Pinho (Lisboa, 1977) estudou na Escola Superior de Teatro e Cinema, en Lisboa, e na École Nationale Supérieure Louis-Lumière de Paris, realizando cursos de posgrado en dirección e guión na London Film School e na Fundação Calouste Gulbenkian.

 

No ano 2008 fundou a produtora “Terratreme Filmes”, xunto con outros cinco cineastas, co-realizando con Frederico Lobo a longametraxe-documental Bab Sebta, coa que gañou os premios Marseille Esperance 2008 no FID Marseille,e s premios ao Mellor Filme no DOCLISBOA (Portugal) e o FORUM DOC BH (Brasil). Así mesmo, en 2013, tamén recibiría diversos galardóns coa cinta “Un fin do mundo”.

 

Na actualidade traballa como realizador, guionista e produtor, tendo colaborado recentemente con Jorge Silva Melo, Filipa Reis e João Miller Guerra, João Salaviza ou Leonor Noivo, entre outros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress