Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de diciembre de 2017 | Leída 16 veces

A obra social “La Caixa” achega 5.000 euros para o desenvolvemento de actividades de inclusión social

O director da oficina de “la Caixa” da Laracha, Rubén Javier Soto Varela, e o alcalde, José Manuel López Varela, asinaron onte o convenio. Tamén participaron no acto a concelleira Rocío López e a subdirectora da oficina de “la Caixa” da Laracha, Yolanda González. As actividades a realizar terán por finalidade promover que todos os cidadáns sexan protagonistas dun modelo de sociedade incluínte...

[Img #43966]O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o director da oficina de “la Caixa” da Laracha, Rubén Javier Soto Varela, asinaron onte na sala de xuntas da Casa Consistorial o convenio a través do cal a Obra Social “la Caixa” achega a cantidade de 5.000 euros para o financiamento de actividades de inclusión social que organizará o Concello durante os próximos meses. Tamén participaron no acto a edil responsable, entre outras áreas, de servizos sociais, Rocío López, e a subdirectora da oficina de “la Caixa” da Laracha, Yolanda González.

 

Por medio das actividades que se levarán a cabo coa colaboración económica da Obra Social “la Caixa” o Concello da Laracha pretende promover a integración dos asistentes por medio da participación na vida social, así como previr ou eliminar as causas que conducen á marxinación e á desigualdade.

 

José Manuel López Varela mostrou o seu agradecemento á “la Caixa” por “renovar esta colaboración anual e reforzar o seu compromiso coa cidadanía larachesa por medio deste convenio co Concello” que permitirá levar a cabo iniciativas de interese comunitario. Indicou o rexedor municipal que as actividades de inclusión social a realizar “favorecerán que todos os cidadáns, independentemente das súas condicións físicas ou capacidades psíquicas, sexan protagonistas e xestores dun modelo de sociedade incluínte”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress