Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de diciembre de 2017 | Leída 54 veces

Sannifesta no CEIP de Galán

Os nenos e nenas de 3º curso do CEIP de GALÁN, veñen de participar durante esta quincena nunhas xornadas de Alimentación Saudable en colaboración co grupo Vegalsa , tituladas Comerico, Vivesan...

[Img #43965]

 

Os obxectivos desta actividade eran diversos:

  • Concienciar aos alumnos de que unha vida saudable é un valor fundamental en todos os ámbitos da vida.
  • Aprender dun xeito ameno , práctico e participativo como levar unha dieta sá e equilibrada.
  • Recoñecer as bases dunha vida saudable: comer sá,  exercicio físico e descanso.

 

A actividade estivo dividida en varias etapas

Os alumnos e alumnas recibiron formación por parte das titoras e completaron un caderno de traballo. No centro estiveron instalados paneis informativos sobre o tema.

 

Tamén se involucrou ás familias, a través de actividades pensadas para realizar na casa: compra en familia, onde coa axuda dos seus pais e nais, os nenos e as nenas aprenderían a ler as etiquetas dos produtos, elaboración dunha receita con produtos sans e un menú para un almorzo, entendendo que é a comida principal da xornada.

 

Todas estas tarefas tiveron un gran remate coa Sannifesta que tivo lugar o xoves 30 de novembro no centro escolar.

 

A festa consistiu nun obradoiro de cociña coa presenza dunha food truck baixo a dirección dun cociñeiro cunha estrela Michelín, Luis Veira. Contamos tamén coa presenza dunha nutricionista.

 

No obradoiro os nenos e nenas prepararon un canelón de  calabacín con recheo de polo, cenoria e iogur e unha sobremesa a base de requeixo, granada e noces. Tratábase de introducir nas nenas e nos nenos o consumo de froitas, verduras e alimentos naturais.

 

Como remate da actividade realizaron unha coreografía. Foi unha grande e divertida experiencia ao tempo que aprenderon.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress