Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de diciembre de 2017 | Leída 11 veces

Os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital terán á súa disposición un novo servizo de atención para resolver dúbidas e incidencias

Destaca que case 12.000 alumnos e alumnas de 5º de Primaria a 2º da ESO están a recibir un ensino completamente dixital. Precisa que comezarán a distribuírse ao longo de decembro e xaneiro 14.600 ordenadores portátiles para alumnos e 2.000 para profesores. Subliña que entre xullo e novembro a porcentaxe de centros con acceso a internet de alta velocidade se incrementou do 46% ao 76%...

[Img #43960]O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou onte o novo servizo de atención para os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital, que permitirá resolver dúbidas e incidencias tanto de xeito remoto como presencial.

 

O servizo está dispoñible de xeito remoto a través do teléfono e internet, dispoñible 24 horas e 7 días á semana; e de xeito presencial a través de puntos físicos de atención ou no domicilio do usuario en caso de que a incidencia o requira. O valor do contrato deste servizo é de 2,2 millóns de euros cada dous anos.

 

Balance do libro dixital

O presidente da Xunta lembrou que en Galicia 154 colexios en Galicia están adheridos ao libro dixital, 60 deles incorporados este ano académico, un incremento de máis do 50% con respecto ao curso pasado. Feijóo subliñou que case 12.000 alumnos e alumnas de 5º de Primaria a 2º da ESO están a recibir un ensino completamente dixital.

 

Ademais, adiantou que, a nivel de equipamento, comezarán a distribuírse ao longo de decembro e xaneiro os 14.600 ordenadores portátiles para alumnos e os 2.000 para profesores que xa foron adquiridos.

 

O presidente da Xunta anunciou que tamén se ampliarán os contidos do libro dixital, xa que se incorpora un terceiro provedor de contidos, a Editorial Planeta, que se sumará a Netex e a Edebé.

 

Conexión de alta velocidade

Por último, o titular do Goberno galego incidiu en que o obxectivo da Xunta é que a finais do 2018 o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria teñan un acceso a Internet de 100 megas como mínimo. O presidente salientou que entre xullo e novembro a porcentaxe de centros con acceso a internet de alta velocidade se incrementou en 30 puntos porcentuais, do 46% ao 76%.

 

Así, incidiu Feijóo, a Xunta continua coa folla de ruta que se aprobou ao inicio deste curso, a Estratexia de educación dixital 2020.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress