Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de diciembre de 2017 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña colabora na elaboración dunha guía de comunicación para a información relacionada cos Servizos Sociais

A responsábel da área de Benestar Social na Deputación da Coruña, Ánxela Franco, participou onte pola maña no acto de presentación dunha Guía de Comunicación, elaborada polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas, coa que se pretende fomentar o uso de terminoloxía correcta na elaboración das novas vencelladas coa área de Servizos Sociais…

[Img #43956]

 

A sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, emprazada en Compostela, acolleu un acto que serviu para expor as deficiencias detectadas nas informacións elaboradas polos diferentes medios de comunicación á hora de transmitir a realidade dos colectivos sociais vencellados co Traballo Social, como poden ser as persoas en risco de exclusión ou situación de dependencia, as persoas con diversidade funcional, os menores, as mulleres como colectivo vulnerable, a inmigración ou as minoría étnicas, entre outros.

 

O manua procurará ser unha ferramenta útil para os profesionais da información e aportar solucións no proceso de mediación entre os feitos e a realidade social destes colectivos, tendo como obxectivo o emprego dunha linguaxe correcta e precisa nas novas que aborden a temática social.

 

A deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, puxo en valor a relevancia que ten esta guía como “ferramenta para todas as persoas que traballan no eido dos Servizos Sociais” e subliñou a importancia de “empregar termos axeitados” na transmisión das informacións.

 

Durante a súa intervención, Franco amosouse convencida de que todos os profesionais da comunicación “son capaces de dar novas dignificando ás persoas” e apuntou que “con pequenas palabras pódense ir transformando as cousas a mellor”.

 

Pola súa parte, a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social, Marta Capeáns, explicou que a confección desta guía respondeu a “unha necesidade creada no tempo ante demanda de moitos colexiados e persoas” debido a gran cantidade de titulares pouco axeitados que aparecen de xeito habitual nos medios de comunicación.

 

Capeáns sinalou que dende o COTG intentarase que a nova guía de comunicación chegue “ a todos os medios de comunicación e xornalistas” do ámbito galego e estatal, ao fin de que se implemente dun xeito responsable o “emprego de termos sociais”.

 

O delegado territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xaime Leiro, comentou que “era evidente que existía un grande baleiro na profesión xornalística” cando se abordan novas vencelladas aos colectivos sociais, e apuntou que o novo manual de estilo “vai axudar a paliar as deficiencias detectadas”.

 

“É fundamental que esta guía chegue a todas as redaccións, que os xornalistas a lean e, sobre todo, que a apliquen” concluíu Leiro.

 

Finalmente, a responsable de Comunicación do COTG, Sara Torreiro, indicou que en moitas ocasións a “premura e celeridade” actual na elaboración das novas, provoca erros no uso da terminoloxía correcta por parte dos xornalistas, e sinalou a “falta de formación específica” como outra eiva á hora de mediar entre a realidade das persoas que pertencen a estes colectivos e a sociedade.

 

Xa que logo, a nova guía de estilo pretende ser unha ferramenta para os profesionais da información e da comunicación, así como para todas as persoas que pretendan transmitir a realidade social desde unha honesta obxectividade, sen estigmas e sen prexuízos, contribuíndo a comunicar dun xeito correcto a diversa realidade das persoas en risco de exclusión ou situación de dependencia, as persoas con diversidade funcional, os menores, as mulleres como colectivo vulnerable, a inmigración ou as minoría étnicas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress