Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de diciembre de 2017 | Leída 14 veces

O SERGAS soamente aboará 1.041 € en concepto de ICIO polo proxecto de ampliación do centro médico da Laracha

O Pleno aprobou onte, por unanimidade, declarar a obra de especial interese e aplicar unha bonificación do 95% nese imposto municipal. Tamén se deu conta do informe do período medio de pagamento do terceiro trimestre do ano e das resolucións de alcaldía. A sesión comezou coa lectura da declaracións institucional en rexeitamento da violencia de xénero...

O Pleno do Concello da Laracha celebrou onte a sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro, que comezou coa lectura -por parte do alcalde, José Manuel López Varela- da declaración institucional asinada polos portavoces de todos os grupos políticos en conmemoración do 25 de novembro -Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres- e mostrando o total rexeitamento á violencia de xénero. A continuación gardouse un minuto de silencio en sinal de recordo ás vítimas desta lacra social.

 

Xa adentrados nas cuestiñons que conformaban a orde do día, o punto máis destacado, aprobado por unanimidade, consistiu en declarar de especial interese a obra de ampliación do centro médico e punto de atención continuada da Laracha por tratarse dunha actuación promovida por unha administración pública para a implantación de servizos públicos de interese comunitario. Isto permitiría que o seu promotor, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), poida beneficiarse dunha bonificación do 95% no imposto sobre instalacións, construcións e obras (ICIO), tal e como se establece na ordenanza fiscal municipal número 17. Deste xeito, por ese concepto o Sergas aboará soamente 1.041 euros en lugar dos 20.819,90 euros que lle corresponderían segundo o orzamento do proxecto. A construción do novo edificio está valorada en 1,2 millóns de euros.

 

Ademais, e en cumprimento da lexislación vixente, no Pleno deuse conta á Corporación do período medio de pagamento a proveedores durante o terceiro trimestre deste ano, así como das 272 resolucións de Alcaldía ditaminadas nos dous últimos meses.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress