Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 30 de noviembre de 2017 | Leída 34 veces
baloncesto

Santo Domingo 34 - 45 CB Laracha

Victoria das nosas senior o pasado domingo en Betanzos…

[Img #43952]

 

Anotación CB Laracha: Jessi Viña, Mili Rodríguez, Lucía Díaz (16), Rebeca Álvarez (3), Bibi Díaz (6), Raquel Vázquez (10, 2 trip.), Paula Ríos, Lucía Graña (10).

Parciais: 8-9, 6-14, 9-11, 11-11.


Ambos equipos comezaban o encontro con xogadas lentas pero certeiras. Un mal golpe recibido no nariz por Lucía Graña en defensa provocaba a súa saída do partido. Sen embargo, pese a que aparentemente tiña a nariz co tabique roto, continuo disputando xunto co seu equipo.

Sería no segundo cuarto onde as nosas senior forzaban o 1x1, para acabar anotando ou sacando falta, sumando Lucía Díaz 12 puntos na liña de tiros libres. Ademáis, o dominio de Paula Ríos no rebote tanto ofensivo como defensivo facía que as locais non tivesen segundas oportunidades, anotando 3 canastas neste cuarto. Íanse ao descanso por un favorable 14-23.

Tras o paso polos vestiarios o partido mantíñase na mesma liña. Non sería no último cuarto cando as locais conseguían recortar rápidamente distancias ata colocarse en 32-39 a falta de 3 minutos escasos. Sen embargo, un triple sentenciador de Raquel nos últimos 30 segundos do partido non daba opcións a Betanzos, rematando o partido por un favorable 34-45 para o Laracha.

Desexárlle a Lucía Graña unha pronta recuperación do tabique nasal e deseando que volva o antes posible!! 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress