Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 30 de noviembre de 2017 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

Raúl Soutelo e José Manuel Vázquez Lijó gañan o XI Premio Manuel Murguía de Ensaio da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vén de resolver o gañador do XI Premio de Ensaio Manuel Murguía que nesta edición recaeu nos historiadores Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó co texto “O son que coñeceu Ramón Caamaño”, presentado co lema “Porto Nodelas”...

[Img #43951]

 

O xurado, presidio pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, e composto pola doutora en Filosofía África López, a psicóloga e orientadora educativa Ana Torres, o historiador Uxío Breogán Diéguez, a filóloga Helena Miguelez e o gañador da última edición do certame, o catedrático de Filosofía, Marcelino Agís, estimou a “contribución social á historia da fotografía galega e da modernidade” ao combinar “fontes orais e arquivísticas, facendo unha descripción con mestría e amenidade, que parte do local para dirixirse a un público xeral”.

 

Destaca tamén que o traballo “combina dun xeito acertado o ensaio e a reportaxe fotográfica, tocando distintos planos e sectores, como a demografía, o mundo do traballo, os conflitos sociais ou mesmo a rede viaria”. Así mesmo, “O son que coñeceu Ramón Caamaño” reflicte, para o xurado, “a entrada do século XX de Galiza”.

 

Ademais da obra gañadora, o xurado decidiu destacar como finalistas o traballo de Ana Naseiro Ramudo, titulado  “Revisión da Historia da Coruña. A fábrica de tabacos e a fábrica de mistos” e máis o ensaio  “Romaría das Mariñas” de (¿¿¿¿¿?????).

 

Nesta undécima edición do certame, presentáronse un total de 16 traballos, sendo a segunda con maior número de participantes, só por detrás da celebrada no ano 2013, á que concorreron un total de 24 propostas.

 

O Premio Manuel Murguía de Ensaio, promovido polo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña, está dotado cun galardón de 6.500 euros e a edición da obra gañadora. Sendo unha iniciativa coa que a institución provincial pretende dignificar e difundir a cultura e a historia de Galicia, tendo como referencia a figura de Manuel Murguía, de acordo a relevancia especial e significativa que tivo o escritor no eido ensaístico.

 

A fotografía como fonte historiográfica

Raul Soutelo é doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en historia social contemporánea.

 

Gañou xa con anterioridade o premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa monografía titulada As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautoría co profesor Núñez Seixas) en 2004, a oitava edición do Premio Xesús Ferro Couselo de Investigación Local con Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950 (2007, Concello de Valga) e o IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co ensaio titulado Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural (Concello de Valga, 2005).

 

Ademais, publicou obras como Os intelectuais do agrarismo, Universidade de Vigo, 1999, De América para a casa, Consello da Cultura Galega, 2001 ou A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense, 2016, en coautoría con María Xosé Vázquez Lojo.

 

Pola súa parte, José Manuel Vázquez Lijó é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha tese que mereceu da Deputación de Pontevedra o premio á mellor tese en Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais é profesor asociado da área de Historia Moderna da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade de A Coruña dende 2007 ata a actualidade, unha plaza que compatibiliza coa de técnico de xestión do Museo marea do Porto do Son.

 

As súas principais liñas de investigación recorren ao mundo marítimo da Galicia do Antiguo Réxime, sendo autor de máis de dúas ducias de traballos en obras colectivas e revistas científicas. Ata o de agora, publico as seguintes monografías: La matrícula de mar y sus repercusiones en la Galicia del siglo XVIII (2005), La Matrícula de Mar en la España del siglo XVIII. Registro, inspección y evolución de las clases de marinería y maestranza (2007); Labrando carballos á beira do mar. A carpintaría de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Réxime (2010); Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime (2012); A illa do gando e dos coellos. Guía histórica de Sálvora, 1321-1833 (2014).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress