Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 29 de noviembre de 2017 | Leída 22 veces
natación

Alba Gómez finalista en Barcelona

Alba Gómez Mesías, nadadora do Club Natación Arteixo, regresou do Campionato de España Absoluto con dúas finais absolutas e moi boas marcas...

[Img #43942]

 

Foi en Barcelona, organizado polo Club Natación Barcelona dende o xoves 23 ata o domingo 26. Este foi unha vez máis un campionato importante do que sae a convocatoria para o Campionato de Europa que se celebrará en Copenhagen o vindeiro mes de decembro.

 

Esta xoven nadadora de 17 anos, estreábase na categoría absoluta e acadou moi bos resultados, xa que foi finalista en dúas das catro probas nas que participou.

 

O xoves participou na proba de 400 libre, na que acadou o 39º posto con un tempo de 4.24.82. O venres tocoulle a proba na que ía mellor colocada nas inscricións, 200 braza, nadou pola mañá nunha boa marca, clasificándose para a final; pola tarde rebaixou esa marca conseguindo o 12º posto, con un tempo de 2.32.88. O sábado, para rematar participou en dúas probas, o 200 estilos, 26º posto con 2.22.37; e 100 braza, no que tamén foi finalista, nadando pola tarde unha vez entre as mellores, finalizando en 16º posto con un tempo de 1.12.48.

 

Mentres Alba representaba ó seu club en terras catalanas, o seu equipo feminino foi galardoado en Arteixo, na V Gala de Deporte de Base da Provincia de A Coruña como Mellor Club de Base Feminino. Este galardón ten moito que ver coa propia Alba e tódalas nenas que veñen representando dende hai xa nove anos ó Concello de Arteixo na natación a nivel nacional, dos resultados a nivel galego, e por suposto da labor deste club nas idades máis pequenas, nas que xa é referente pola calidade e o número de licenzas.

 

Dende aquí queremos felicitar a Alba e a todo ese Club Natación Arteixo por estes éxitos e por este recoñecemento en forma de premio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress