Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 28 de noviembre de 2017 | Leída 15 veces

A Xunta rematará o vindeiro verán a senda peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo que conta cun investimento de case 1 M €

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 9 meses, consisten na construción dun itinerario para peóns e para bicicletas pola marxe esquerda da estrada, ao longo de case 2 quilómetros. Vázquez Mourelle subliñou tamén o outro itinerario é unha vía de uso compartido, peonil e ciclista, que dará continuidade ás beirarrúas xa existentes, comunicando as zonas onde se concentran os principais equipamentos; e no que se está a investir uns 700.000 €. Estas dúas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas da comarca de Bergantiños, no que se avanza de maneira decidida e no que se prevé a construción de 7 novas sendas que suman 11 quilómetros e que supoñen un investimento próximo aos 5 M€. Ethel Vázquez destacou que esta é a comarca galega na que a execución deste Plan está máis adiantado...

[Img #43941]A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou onte as obras de construción da senda peonil e ciclista A Laracha- O Cancelo, na estrada AC-552, que estará en servizo no vindeiro verán, despois dun investimento de case un millón de euros. Grazas a esta actuación e a outra senda no zona de Paoiosaco, os veciños deste concello coruñés poderán desfrutar de 6,7 quilómetros de itinerario peonil e ciclista continuado, que ademais de favorecer os seus desprazamentos habituais e reforzar a súa seguridade, tamén contribuirá a unha maior integración urbana e ao fomento dunha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente.

 

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 9 meses, consisten na construción dun itinerario para peóns e para bicicletas pola marxe esquerda da estrada, ao longo de case 2 quilómetros, un novo itinerario que permitirá conectar o treito onde finalizan as actuais beirarrúas da Laracha e que rematará na intersección coa estrada da Deputación, que conduce á zona do Vilar e do Cancelo.

 

Esta nova senda terá un ancho de 2 metros, estará separada da estrada por unha zona axardinada e será de formigón coloreado, para que sexa máis facilmente visible e identificable polos vehículos que transitan a estrada.

 

Vázquez Mourelle subliñou tamén que, neste municipio da Laracha e nesta mesma estrada, estase rematando outro itinerario que se iniciou no pasado mes de maio, unha vía de uso compartido, peonil e ciclista, de 1,5 q de lonxitude, proxectado pola marxe esquerda da estrada; que dará continuidade ás beirarrúas xa existentes, comunicando as zonas onde se concentran os principais equipamentos; e no que se está a investir uns 700.000 €.

 

Estas dúas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas da comarca de Bergantiños, no que se avanza de maneira decidida e no que se prevé a construción de 7 novas sendas que suman 11 quilómetros e que supoñen un investimento próximo aos 5 M€, o que significa que esta é a comarca galega na que a execución deste Plan está máis adiantado.

 

Nestes momentos, xa existe unha 1 senda rematada (Xornes-Buño-Canta La Rana), 4 están en obras: dúas na Laracha, a de Carballo-Bértoa e a de Neaño-Cabana); e as outras dúas co proxecto en supervisión ou en redacción (Laxe-Paseo Marítimo e Carballo-Coristanco).

 

En definitiva, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda reiterou que a Xunta está en pleno desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia, que concreta a construción de itinerarios, peonís e ciclistas, seguros, sostibles e integrados na paisaxe, para reforzar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das nosas estradas e promover unha mobilidade máis saudable e sostible.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress