Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 26 de noviembre de 2017 | Leída 12 veces

O Concello requiriu no que vai de ano a 171 propietarios de parcelas para acometer a súa limpeza

O obxectivo é mantelas en boas condicións de conservación, hixiene e salubridade, especialmente nas fincas situadas en zonas residenciais. Tamén foron incoados 32 expedientes de tala de árbores. No caso de incumprimento, o Concello realiza subsidiariamente os traballos, asumindo o titular os custes, ademais dunha posible sanción administrativa...

Ao longo do ano 2017 o Concello da Laracha notificou individualmente a 171 propietarios de solares situados nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como en zonas da periferia e en áreas residenciais de parroquias rurais que requiren dun tratamento especial, a obrigatoriedade de mantelas en óptimas condicións de conservación en cumprimento da Lei do Solo de Galicia.

 

Así mesmo, tamén foron incoados 32 expedientes de tala de árbores por incumprir as regulacións de distancias mínimas establecidas na Lei de Montes de Galicia e os preceptos da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

Nestes tipo de procedementos en primeiro lugar o Concello da Laracha remite aos propietarios o requirimento, no que se advirte que o incumprimento da normativa vixente pode implicar sancións administrativas. Tamén se lles comunica que, no caso de non actuarse, o Concello da Laracha executará subsidiariamente os traballos, asumindo o custo desas actuacións o propietario da parcela.

 

Todos os anos o Concello da Laracha desenvolve unha campaña informativa sobre esta cuestión durante a primavera e nas primeiras semanas do verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa, aínda que tamén nos meses restantes se levan a cabo actuacións deste tipo dirixidas a garantir as condicións de seguridade, hixiene, salubridade e ornato público das fincas privadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress