Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de noviembre de 2017 | Leída 18 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña achegará un millón de euros para as obras de reforma das gradas de Riazor

Valentín González Formoso e Xulio Ferreiro asinaron onte o protocolo polo que a Deputación compromete unha achega económica que supón o 14,3% do custe total das obras. González Formoso subliña a colaboración da Deputación para reformar “unha infraestrutura senlleira e unha referencia deportiva na provincia da Coruña”...

[Img #43882]O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron onte pola mañá na sede da institución provincial un protocolo de intencións que establece as bases de colaboración entre ambas institucións para o financiamento das obras de reforma e conservación da cuberta e a estrutura metálica das gradas do estadio de Riazor.

 

Coa sinatura deste documento, a Deputación compromete unha achega económica de 1 millón de euros, que representa un 14,3% do orzamento total das obras de reforma de Riazor, que ascenderán a 7,1 millóns de euros para “unha infraestrutura senlleira e unha referencia deportiva na provincia da Coruña”, segundo manifestou o presidente provincial, Valentín González Formoso, que considerou que se trata dunha cantidade “importante pero modesta no montante global das obras” para un proxecto “prioritario que responde a unha necesidade e a unha demanda cidadá”.

 

Formoso enmarcou a colaboración da institución provincial nas múltiples liñas de apoio que, nos ámbitos social, cultural, de igualdade, promoción económica ou mobilidade a Deputación mantén co Concello coruñés e destacou as “magníficas relacións” entre ambas administracións.

 

Pola súa banda, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, afirmou que o estadio de Riazor “é un dos símbolos da Coruña e esta obra vai permitir solucionar o problema estrutural das cubertas, e ao mesmo tempo, mellorar un equipamento urbano con gran valor funcional que se sitúa no centro da Coruña, o que consideramos que é, fronte a outros modelos, un valor que servirá para proxectar a imaxe da cidade no exterior”.

 

Segundo o rexedor, a reforma do estadio servirá para “acondicionar e poñer no estado que merece o que é un dos edificios icónicos, xa non só da Coruña, senón de toda a contorna”. “Con esta reforma estamos a dar solucións a un espazo que promociona no exterior non só á nosa cidade, senón que é un reclamo para toda a provincia e, ademais é visitado por cidadanía de toda Galicia”, explicou.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress