Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de noviembre de 2017 | Leída 11 veces

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Son centos de miles as mulleres que, aínda hoxe, sofren violencia só polo feito de que hai homes que se consideran superiores e intentan demostrar a súa supremacía utilizando toda clase de violencia...

916 mulleres faleceron en España desde 2003 como consecuencia desta terrible lacra. No que levamos de ano xa son 45 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas –dúas delas en Galicia-, 8 os menores asasinados vítimas da violencia de xénero e 23 menores quedaron orfos a causa da violencia machista. Hoxe, e todos os días do ano, manifestamos a nosa condena absoluta ante a violencia de xénero, porque o maltratador non ten cabida na nosa sociedade, e trasladamos o noso apoio incondicional a todas as vítimas.

 

Na loita contra a violencia machista en España non partimos de cero porque nas últimas décadas conseguimos importantes avances. Nese eido somos un país referente na Unión Europea por lexislación aprobada, polos medios destinados, pola formación dos axentes implicados tanto desde o ámbito da xustiza como dos corpos e forzas de seguridade do estado y polo nivel de sensibilización que hai na sociedade española en relación a esta cuestión.

 

O 11 de abril de 2014 España ratificou o Convenio de Estambul, primeiro instrumento de carácter vinculante no ámbito europeo en materia de violencia contra a muller e de maior alcance para facer fronte a esta grave violación dos dereitos humanos, establecendo tolerancia cero contra todas as formas de violencia contra a muller que xa son delito: a violencia física, psicolóxica, sexual, a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado e o acoso.

 

Aínda que o traballo colectivo feito é inxente, queda moito percorrido por facer. É preciso seguir reforzando orzamentariamente desde todas as institucións os fondos necesarios para por en prácticas todas as accións e medidas previstas para erradicar a violencia de xénero, así como para mellorar aínda máis a formación e especialización dos axentes implicados.

 

A violencia de xénero é unha cuestión de estado e unha responsabilidade de todos: institucións, partidos políticos, asociacións e de toda a sociedade. Afortunadamente, así o entenderon todos os partidos políticos desde o comezo da actual lexislatura, e por iso logrouse que a inmensa maioría da sociedade estea unida en torno ao Pacto contra a Violencia de Xénero. Os traballos da Subcomisión do Congreso dos Deputados e da Ponencia do Senado serviron como base para alcanzar a unidade de todos e todas contra a violencia machista.

 

A sociedade española, desde os partidos políticos, os Concellos, a Federación Española de Municipios y Provincias, institucións e asociacións que traballan neste ámbito, conseguimos ter unha soa voz que expresa a vontade firme para erradicar esta terrible realidade.

 

Por todas estas razóns, e en aras de fortalecer a unidade fronte á violencia machista, os grupos municipais que integran o Pleno do Concello da Laracha acordan o seguinte:

 

1.- Manifestar a nosa adhesión ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, onde se definen os cambios e ferramentas que debemos desenvolver para erradicar a violencia machista da nosa sociedade canto antes.

 

2.- Apoiar que o Goberno de España e da Xunta de Galicia realicen as reformas lexislativas necesarias para desenvolver, no menor tempo posible, as medidas comprendidas no Pacto de Estado.

 

3.- Redobrar o noso compromiso como Concello para non reducir recursos, servizos e orzamentos para combater a violencia machista e apoiar ás vítimas.

 

4.- Recordar a todas as mulleres e menores que foron asasinados pola violencia de xénero e expresar as nosas condolencias ás súas familias.

 

5.- Reiterar a tolerancia cero ante calquera acción violenta contra as mulleres e os seus fillos e fillas, independentemente da súa intensidade. En desigualdade e violencia de xénero non hai graos.

 

6.- Facer un chamamento a toda a sociedade para que denuncien situacións de violencia de xénero, porque no podemos ser cómplices dos maltratadores co noso silencio.

 

7.- Secundar o avance na concreción do Pacto Galego contra a violencia machista acordado por unanimidade polo Pleno do Parlamento Galego o 25 de xaneiro de 2017, así como a avaliación por parte da Xunta de Galicia do grao de cumprimento da normativa autonómica en materia de igualdade, con especial atención ao recollido na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress