Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de noviembre de 2017 | Leída 12 veces

O SERGAS beneficiarase dunha bonificación do 95% no ICIO da obra de ampliación do centro médico da Laracha

O proxecto está valorado en 1,2 millóns de euros. Esta cuestión foi sometida a ditame da Comisión Informativa e será elevada ao Pleno ordinario do próximo xoves. Tamén se deu conta do informe do período medio de pagamento do terceiro trimestre do ano...

O Concello da Laracha celebrará o Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro o xoves da próxima semana (día 30). Os asuntos que serán elevados a esa sesión foron sometidos hoxe ao correspondente ditame da Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas.

 

Unha das cuestións é a proposta de que o Pleno declare de especial interese a obra de ampliación do centro médico e punto de atención continuada da Laracha por tratarse dunha actuación promovida por unha administración pública para a implantación de servizos públicos de interese comunitario. Isto permitiría ao seu promotor, que é o Servizo Galego de Saúde (Sergas), beneficiarse dunha bonificación do 95% no imposto sobre instalacións, construcións e obras (ICIO), como se establece na ordenanza fiscal municipal número 17.

 

Tal e como apuntara o propio conselleiro de Sanidade a principios de mes, cando se desprazou á Laracha para presentar o proxecto, a construción do novo edificio está valorada en 1,2 millóns de euros.

 

A outra cuestión tratada hoxe na Comisión Informativa foi a dación de conta do período medio de pagamento aos provedores durante o terceiro trimestre do exercicio económico actual. O documento, que pode consultarse na web municipal, indica que, unha vez aprobada a factura, estanse a realizar os abonos nunha media de 4,55 días, reducíndose a cifra en practicamente seis días con respecto ao trimestre anterior. Outras magnitudes de especial relevancia son que en xullo, agosto e setembro o Concello da Laracha realizou 719 operacións de pagamento por un importe total de 1.307.838,09 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress