Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de noviembre de 2017 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña promove a gala Hemisferios que reúne oito grandes voces de muller

O Teatro Colón acolle este venres ás 20:30 un espectáculo único...

[Img #43865]

 

A Deputación da Coruña ultima os preparativos da gala "Hemisferios. Mulleres e Voces", que terá lugar na xornada de mañá no Teatro Colón da Coruña ás 20:30h, e onde se darán cita oito das mellores voces femininas do ámbito musical galego.

 

Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía Sonia Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey, Alba Rodríguez e Alba María –presentadora e coordinadora do evento-, interpretarán sobre ás táboas do Colón cadánseu tema persoal, previamente á interpretación da canción "Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces", que actuará como colofón dun espectáculo no que a comuñón entre mulleres e a sororidade serán as protagonistas.

 

Deste xeito, a iniciativa deseñada pola directora e dramaturga galega Cristina Domínguez, e promovida pola área de de Cultura da Deputación da Coruña que dirixe Goretti Sanmartín, suporá a posibilidade de poder presenciar simultaneamente sobre o mesmo escenario a oito das máis recoñecidas creadoras do eido musical galego.

 

"O proxecto "Hemisferios" naceu arredor do 8 de marzo como unha canción reivindicativa sobre os dereitos das mulleres e a necesidade de avanzar no feminismo", explicou Sanmartín, quen ademais subliñou o carácter "singular dun espectáculo" que reunirá "a oito voces das máis recoñecidas cantoras de diferentes estilos, modalidades e idades que representan as mulleres creadores da música galega".

 

Pola súa parte, a cantante e autora do tema principal do espectáculo, Alba María, precisou que foi a "unión destas mulleres" a que lle deu a idea de titular a canción co nome "Hemisferios", ao representar "dúas partes que se unen na mesma luz. Está a idea de igualdade, comuñón co resto das mulleres que forman este mundo e defende a idea das mulleres como poderosas, donas de si mesmas e conscientes da súa posición no mundo".

 

A gala "Hemisferios.mulleres e Voces", fica enmarcada dentro da liña de traballo que está a desenvolver a área de Cultura da Deputación da Coruña en aras de proxectar a cultura elaborada por mulleres, entre os que tamén se atopan o Premio Begoña Caamaño que premio aquelas iniciativas culturais en prol da igualdade ou, o recentemente presentado Premio Luísa Villalta. 

 

A entrada ao espectáculo é libre, previa recollida de entrada na billeteira do Teatro Colón.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress