Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de noviembre de 2017 | Leída 10 veces

A xunta de goberno adxudica as axudas municipais á escolarización

A convocatoria está dotada con 55.000 euros. O Concello comunicará aos beneficiarios a concesión da subvención municipal. Na sesión tamén foron concedidas cinco licencias urbanísticas...

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha acordou, na sesión ordinaria de onte, adxudicar as axudas municipais á escolarización aceptando a proposta da Comisión de Valoración, que durante as últimas semanas analizou e avaliou a totalidade das preto de setecentas solicitudes presentadas en base aos criterios establecidos na convocatoria.

 

O Concello da Laracha destina á partida de bolsas de estudos municipal a cantidade de 55.000 euros. A dotación económica das becas para os alumnos de educación infantil será de 125 euros cada unha, 100 euros para os de educación primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional básica, 180 euros para os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior e 300 euros tanto para os que cursen estudos universitarios como para aqueles alumnos que requiran de necesidades educativas especiais.

 

O Concello da Laracha comunicará nos próximos días este acordo da Xunta de Goberno Local a todas as persoas beneficiaras, informándolles tamén da documentación que deberán achegar para xustificar a subvención municipal.

 

Cabe lembrar que as axudas municipais á escolarización son compatibles coas bolsas doutras administracións e foron dirixidas a estudantes de calquera curso ou ciclo que estivesen empadroados no municipio.

 

A finalidade esencial da convocatoria de bolsas de estudos municipais é a concesión de axudas económicas ás familias ou directamente aos alumnos maiores de idade para atender os gastos orixinados polo comezo do curso escolar (material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados con el), facilitando, deste xeito, o proceso de formación como un elemento fundamental para o desenvolvemento persoal dos veciños da Laracha.

 

Na sesión de onte tamén foron concedidas cinco licencias urbanísticas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress