Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de noviembre de 2017 | Leída 13 veces
laracha

Pementeiras pecha o ciclo “venres teatrais” da Laracha

Da compañía Xoré Teatro e dirixida a maiores de 12 anos de idade. Na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas, con entrada gratuíta. Pola súa temática, inclúese no programa municipal en conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres...

O ciclo “Venres Teatrais” da Laracha péchase nesta semana coa obra Pementeiras, da compañía padronesa Xoré Teatro, que se escenificará na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas. Vai dirixida a maiores de doce anos de idade, sendo a entrada libre e gratuíta.

 

Pementeiras narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional, anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada aos valores tradicionais, non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar. Durante o desenvolvemento da obra Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar como laboral.

 

Pola súa temática, esta peza teatral inclúese no programa municipal co que o Concello da Laracha conmemora o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o día seguinte, isto é, o sábado 25 de novembro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress