Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de noviembre de 2017 | Leída 17 veces
laracha

A exposición fotográfica “Nicaragua. o futuro” móstrase no centro sociocultural de Paiosaco

En colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A vida cotiá, as paisaxes, a dificultades e os soños da poboación áchanse no traballo realizado por Felipe Carnotto, gañador do certame Imaxes con Fondo II. O fotoxornalista visitou os proxectos apoiados no país centroamericano polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e polo Concello da Laracha como socio desta entidade...

[Img #43858]

 

O centro sociocultural de Paiosaco acolle desde onte a ata o xoves da próxima semana (día 30 de novembro) a exposición “Nicaragua.O Futuro”. O horario é de 15:30 a 20:00 horas e a entrada é gratuíta.

 

A mostra itinerante, que busca promover a interculturalidade e actitudes de respecto cara a poboación migrante, fai esta parada ano Concello da Laracha na súa andaina polas administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

As fotografías que forman a exposición foron realizadas por Felipe Carnotto na viaxe ao Estado centroamericano que realizou como gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo, convocado pola citada entidade. Tras visitar os proxectos apoiados en Nicaragua polo Fondo Galego -co Instituto de Promoción Humana-Somoto como socio local- o fotoxornalista ofrece a través de vinte instantáneas unha perspectiva en clave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación.

 

Completan a exposición catro paneis informativos sobre a cooperación internacional promovida polo Fondo Galego en Nicaragua que inclúe máis de trinta proxectos, 17 deles desenvolvidos de xeito directo co Inprhu-Somoto en áreas como vivenda, saúde, auga e saneamento, formación, ou turismo sostible. A ONGD nicaraguana tamén ten acollido voluntariado do programa Vacacións con Traballo.

 

Felipe Carnotto gañou en 2014 o certame Imaxes con Fondo II na categoría de persoas adultas cunha fotografía sobre pesca artesanal. O fotoxornalista, de orixe brasileira e afincado en Vigo, que tamén realizou recoñecidos traballos sobre os lumes, a crise de persoas refuxiadas ou o proceso catalán, publica en xornais como The Guardian, Der Spiegel, El País ou a revista Luzes, alén de contar cun posto de honra nos IPA Awards.

 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 91 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese, deste xeito, unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega en 2017 ao seu vixésimo aniversario.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress