Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de noviembre de 2017 | Leída 13 veces

A Xunta propón medidas para aumentar do 65 ao 90% o territorio cuberto polos servizos de emerxencias en menos de 20 minutos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda compareceu onte no Parlamento galego para explicar as propostas da Administración autonómica para mellorar a coordinación e xestión das emerxencias. Apostou pola comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades e pola creación de, polo menos, cinco novos servizos nas zonas deficitarias. Os orzamentos de 2018 da Xunta xa contemplan as partidas necesarias para abordar a comarcalización e homoxeneización dos servizos de bombeiros. Apelou á cooperación das deputacións, que son as competentes en materia de emerxencias...

[Img #43857]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu onte no Parlamento galego para presentar as propostas da Administración autonómica para mellorar a coordinación e xestión das emerxencias en Galicia. Coas medidas concretas que ten estudado o Goberno galego e que detallou esta mañá, poderíase aumentar do 65 ao 90% a porcentaxe de territorio galego cuberto en menos de 20 minutos polos servizos de emerxencias.

 

Con todo, para poñer en marcha estas melloras, é preciso a colaboración entre a administracións. Cómpre recordar que, segundo a Lei 5/2007 de emerxencias de Galicia, as deputacións provinciais son as competentes en materia de emerxencias nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que representan o 93% dos municipios galegos. No caso dos grandes concellos, é unha obriga municipal crear un servizo de protección civil e xestión de emerxencias, así como de prevención, extinción de incendios e salvamento. Pola súa banda, á Xunta correspóndelle a superior coordinación e dirección para garantir unha prestación unitaria nas emerxencias.

 

Así, en cumprimento das súas competencias, a Xunta leva tempo estudando e traballando nunha serie de propostas concretas que permitan mellorar a xestión das emerxencias en Galicia. Todas estas medidas serán debatidas coas administracións competentes no grupo de traballo dependente da Comisión Galega de Protección Civil.

 

En primeiro lugar, un dos principais obxectivos que se marca o Goberno galego é eliminar as zonas escuras do mapa de emerxencias. Para conseguilo, a Xunta propón avanzar en dúas frontes. Por unha banda, na comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades, para o que a Xunta xa ten consignado o orzamento que permitiría acometer o reforzo de persoal e material necesario. Por outra banda, tamén se propón a creación de novos servizos para a atención ás emerxencias nas zonas deficitarias, e que precisarían de servizos específicos. Actualmente, xa se teñen identificado, polo menos, 5 novos servizos necesarios.

 

Só con estas dúas medidas, a nivel de toda Galicia poderíase pasar de cubrir o 65% do territorio en menos de 20 minutos a máis do 90%. Na cobertura da poboación, pasaríase do 87% a máis do 95% nun tempo de 20 minutos.

 

Outras actuacións de mellora

Ademais destas dúas novas propostas, a Xunta tamén avanzou medidas para mellorar e optimizar outros servizos. Entre outros asuntos, é preciso concretar xa o modelo de xestión dos parques de bombeiros dos consorcios provinciais, que segue á espera de que as deputacións certifiquen a viabilidade do cambio de modelo que solicitan. Pola banda da Xunta, xa se ten manifestado en diversas ocasións que se apoiaría ese cambio, sempre e cando se respecten as condicións laborais do persoal. Neste mesmo sentido, o vicepresidente apuntou que, tan pronto como as deputacións levan aos seus respectivos plenos estes cambios, iniciarase o proceso de homologación das condicións laborais dos distintos parques, para o que a Xunta ten tamén xa consignado orzamento.

 

A Administración autonómica aposta tamén por avanzar cara un financiamento menos condicionado dos GES, para que non dependan tanto de fondos conxunturais e finalistas que os obriguen a determinadas tarefas. Ademais, proponse que se redefinan as funcións e medios destes grupos, para conseguir unha atención máis efectiva ás emerxencias, sen esquecer o seu labor de prevención. Neste caso, tamén é fundamental avanzar cara a homoxeneización das súas condicións laborais e revisar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa distribución no mapa.

 

O 2018 será o ano no que se traballará en potenciar o novo centro coordinador das emerxencias da Estrada. No próximo exercicio, xa está previsto o traslado do 061 a estas novas instalacións, e seguirase traballando para que todos os principais corpos (bombeiros, GES, Policía Nacional, Garda Civil...) teñen representación no centro, o que redundará nunha axilización da xestión. Outra mellora salientable que se acometerá é a posta a disposición dos alcaldes e alcaldesas dunha liña directa de atención no 112.

 

Por último, Rueda destacou a importancia de seguir completando e homoxeneizando a formación -un aspecto no que xa se ten avanzado moito a través Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)-; na prevención, a través da revisión de plans e instalacións; e no uso de novas tecnoloxías e colaboración en proxectos de I+D para incrementar a eficiencia dos servizos en prevención e intervención.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress