Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de noviembre de 2017 | Leída 19 veces

Ethel Vázquez avanza que a Xunta executará 40 actuacións en 90 km de estradas autonómicas, cun investimento de 12,3 millóns de euros, para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes

Vázquez Mourelle sinala que esta estratexia xa está operativa e rexistrou avances, xa que, en outubro comezou a información pública do reforzo da seguridade viaria na PO-308, en Sanxenxo, desde o Mirador da Granxa ata Nanín. Pon en valor a eficacia que supón esta estratexia, xa que investir nestes tramos de concentración de accidentes contribúe ao incremento da seguridade viaria. Destaca que a Xunta é pioneira na adopción de medidas como o contrato que se licitará mañá para eliminar barreiras na AG-58, na AG-59, na VAP Brión-Noia, na AC-537 e na AC-554, por importe de máis de medio millón de euros. Este contrato ten por fin mellorar a seguridade en treitos concretos mediante actuacións para reducir posibles danos en caso de impacto ou saída de vía, con melloras nos sistemas de contención, nas cunetas ou nos postes...

[Img #43856]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndezl presentou onte en rolda de prensa a estratexia da Xunta para a eliminación dos tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, que contempla 40 actuacións en 90 km de vías, cun investimento de 12,3 millóns de euros, para ter suprimidos en 2020 todos estes treitos.

 

Vázquez Mourelle avanzou que os proxectos da 1ª fase, cun investimento de 7,5 millóns de euros, xa están en redacción para executar as obras ao longo de 2018 e 2019 en 8 estradas de 15 concellos. Engadiu que tan pronto como estean redactados os proxectos, someteranse a información pública, antes de finais de ano, xa que en todos os proxectos son necesarias expropiacións, e tamén en todos eles se busca contar coas achegas dos concellos ou interesados.

 

A titular de Infraestruturas indicou que paralelamente se seguirá avanzando na 2ª fase das actuacións, coa tramitación necesaria que nos permita acometer os traballos ao longo do ano 2020.

 

Ethel Vázquez sinalou que a estratexia da Xunta para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes xa está operativa e ten rexistrado avances, xa que, por exemplo, a mediados de outubro someteuse a información pública o proxecto de reforzo da seguridade viaria na PO-308, en Sanxenxo, desde o Mirador da Granxa ata Nanín, dando así comezo á tramitación administrativa do primeiro dos proxectos que imos desenvolver.

 

O Goberno galego tamén comeza hoxe a información pública da mellora da seguridade viaria dunha intersección en Portosín, na estrada AC-550, que tamén se atopa incluída nesta Estratexia de eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas galegas.

 

A conselleira precisou que os tramos de concentración de accidentes só supoñen o 1,6% da lonxitude da rede autonómica de estradas, pero nestes 90 km de TCAs concéntranse o 18% dos accidentes con vítimas, o que pon de manifesto a necesidade de priorizar as actuacións nestes puntos, debido á súa especial perigosidade. Destacou a eficacia que supón esta estratexia, xa que investir nestes tramos contribúe ao incremento da seguridade viaria.

 

Novas medidas

Por outra parte, a conselleira fixo fincapé en que o Executivo autonómico é pioneiro na adopción de novas medidas como as intervencións específicas de eliminación de obstáculos nas estradas nas que se está avanzando. Trátase de aplicar o concepto de “estradas que perdoan”, que dan unha segunda oportunidade aos erros puntuais que se poden cometer como condutores para volver sen danos de novo á calzada. Deste xeito, en vez de protexer con barreiras os obstáculos que poida haber nas marxes das estradas, búscase eliminar eses obstáculos e, con eles, as necesidades desas barreiras.

 

A este respecto, a Consellería de Infraestruturas licitará mañá o contrato para a eliminación de barreiras en 5 estradas autonómicas -na AG-58, na AG-59, na VAP Brión-Noia, e en dúas do contorno de Santiago, a AC-537 e a AC-554- por importe de máis de medio millón de euros. A Xunta ten prevista a execución destas intervencións ao longo de 2018.

 

Este contrato ten por obxecto mellorar a seguridade viaria en treitos concretos destas estradas mediante actuacións destinadas a reducir os posibles danos en caso de impacto ou saída de vía, con melloras nos sistemas de contención, nos elementos de balizamento, nas cunetas ou nos postes.

 

Seguridade viaria, unha prioridade

O Goberno galego continúa traballando no seu firme compromiso coa seguridade viaria e avanzando un novo paso na consecución dos obxectivos marcados no Plan de seguridade viaria 2016-2020: a redución nun 50% das vítimas mortais nas estradas galegas con respecto ás do ano 2011. Así, cumpriríase coa resolución aprobada unanimemente polo Parlamento galego o 4 de outubro de 2017, no marco do debate do Estado de Autonomía.

 

Os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano reflicten que a seguridade viaria é unha materia prioritaria para o Goberno galego, polo que se incrementan nun 34 % as partidas destinadas a este fin. Así, por exemplo, o Plan de Reforzos de Firme aumenta de modo moi importante a súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros. Verase ademais, complementado coa conservación ordinaria da rede autonómica de estradas e co Plan de viabilidade invernal, aos que en 2018 se destinan máis de 23 millóns.

 

O Plan de Sendas de Galicia tamén contará en 2018 con preto de 12 millóns de euros, o que permitirá rematar actuacións en execución ou xa licitadas e impulsar outras novas nas sete comarcas galegas nas que se está a desenvolver a 1ª e a 2ª fase deste plan.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress